José Luis Ageitos, pregoeiro da Semana Santa de Pontevedra 2026: "A nosa é máis antiga que a famosa Semana Santa de Sevilla"

O historiador da arte do Museo de Pontevedra asume a encarga cun "un orgullo moi grande" e "unha grande responsabilidade".

Semana Santa de Pontevedra, procesión
00:00
COPE

José Luis Ageitos, pregoeiro da Semana Santa de Pontevedra

José Jardón

Pontevedra - Publicado el

1 min lectura4:53 min escucha

José Luis Ageitos, historiador da arte e traballador do Museo de Pontevedra, será o encargado de pronunciar mañá o pregón que dará o pistoletazo de saída á Semana Santa de Pontevedra 2026, un encargo que asume como “un orgullo moi moi grande” pero tamén como “unha grande responsabilidade” ao proceder dos seus propios compañeiros da Xunta Coordinadora. Ageitos explicou en COPE Pontevedra que leva meses preparando un texto “no que puxen todo o cariño do mundo” co obxectivo de facer un pregón que guste “e que chegue ao fondo dos corazóns de das persoas que o escoiten”.

O PREGÓN, CENTRADO NA LONGA HISTORIA DA SEMANA SANTA DE PONTEVEDRA

O pregoeiro avanzou que será un discurso centrado “única e exclusivamente na Semana Santa de Pontevedra”, cun enfoque principalmente histórico, pero tamén artístico e cargado de vivencias persoais, no que a protagonista absoluta é a propia celebración pontevedresa. Lembrou que se trata dunha Semana Santa “con máis de seis séculos de tradición”, cuxas orixes se remontan ao século XIV e que, malia ser “unha grande descoñecida”, é máis antiga que a de Sevilla, a referencia máis popular a nivel mundial.

UN TRABALLO DE 365 DÍAS AO ANO

Ageitos, un dos rostros máis recoñecibles do Museo de Pontevedra polas súas numerosas visitas guiadas ao longo do ano, reivindicou ademais o traballo constante das confrarías e da Xunta Coordinadora para manter viva a Semana Santa. Subliñou que detrás das procesións hai “un traballo de 365 días ao ano” e que, rematada unha edición, “xa comezas a traballar na seguinte”, introducindo pequenas novidades en cada exercicio para espertar máis interese entre a cidadanía.

Escucha en directo

En Directo COPE PONTEVEDRA

COPE PONTEVEDRA

Programas

Último boletín

5:00H | 13 MAR 2026 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking