O presidente da Fundación Otero Pedrayo amosa a súa "ledicia" tras declararse no 2026 Ano Oteriano

Eduardo López Pereira resalta que o Patriarca das Letras Galegas "merece este recoñecemento pola defensa da lingua e cultura galega" e coincidirá cos "50 anos do pasamento de Don Ramón e os 100 anos da Guía de Galicia"

O presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira, amosa a súa "ledicia" pola declaración no 2026 do Ano Oteriano xunto á imaxe do Patriarca das Letras Galegas no Pazo-Museo de Trasalba
00:00

Juan Maceiras

Ourense - Publicado el

2 min lectura7:54 min escucha

O presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira, asegurou que é “un gozo enorme” para a Fundación que a Xunta de Galicia declare o vindeiro ano 2026 “Ano Oteriano”. Nunha entrevista en COPE Ourense, Eduardo López Pereira, destacou que no 2026 “cúmprense os 50 anos do pasamento de Don Ramón e 100 anos da aparición da Guía de Galicia que hoxe non foi superada”. Para o presidente da Fundación do Patriarca das Letras Galegas “hoxe está de moda a paisaxe pero non era así naqueles tempos e poucos referíanse así a paisaxe” polo que “esa guía é todo un adianto do que todos consideramos un factor importante na actualidade”. 

“Éncheme de ledicina que o conselleiro de Cultura anunciase que o 2026 será Ano Oteriano” destacó Eduardo López Pereira, quen engadiu que Otero Pedrayo “merece este recoñecemento por ser un defensor da lingua e da cultura galega”.

Nunha entrevista en COPE Ourense, afirmou que dende a Fundación Otero Pedrayo están organizando varias actividades por este ano tan especial.

Esta boa nova para a Fundación coincidiu coa visita no Pazo-Museo Otero Pedrayo en Trasalba de alumnos do centro escolar Santiago Apóstol de Bos Aires. Eduardo López Pereira asegurou que son “unha referencia e un símbolo ver cómo tan lonxe de Galicia seguen estimando a figura de Ramón Otero Pedrayo” e resaltou que “é unha visita que realizan cada ano e moi simbólica e moito de admirar”.

MIRADOR DA BOCARRIBEIRA

Eduardo López Pereira manifestou que “vou de ledicia a ledicia” porque “está feito e pendente da firma entre Concello de Ourense, Deputación Provincial e Fundación Otero Pedrayo” o mirador da Bocarribeira para que “sexa una realidade no 2026.

Dende alí “veremos a paisaxe xeográfica e trátase de todo un referente cultural e disfrutaremos dunha paisaxe terra e agua fantástica” manifestou Eduardo López Pereira.

Escucha en directo

En Directo COPE ORENSE

COPE ORENSE

En Directo COPE MÁS ORENSE

COPE MÁS ORENSE

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00 H | 28 NOV 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking