O outono sabe mellor na provincia de Lugo

Un total de 22 casas rurais de Lugo sumáronse á décimo novena edición do programa “Outono gastronómico”, que impulsa a Xunta a través de Turismo de Galicia

Outono Gastronómico
00:00
Carmen Hermida

Arranca el Outono Gastronómico en la provincia con la participación de 22 casas rurales

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

1 min lectura5:06 min escucha

Un total de 22 casas rurais de Lugo sumáronse á décimo novena edición do programa 'Outono Gastronómico' que impulsa a Xunta a través de Turismo de Galicia. O delegado territorial, Javier Arias, explicou que o obxectivo é presentar unha oferta atractiva de calidade que dinamice o turismo rural fóra dos meses de verán.

A campaña estará vixente as fins de semana, de venres a domingo, ata o 21 de decembro, exceptuando a ponte do 6 ao 8 de decembro. Lugo é a provincia que máis establecementos suma a esta iniciativa, seguido da Coruña con 21, Pontevedra con 19 e Ourense con 16.

Os participantes ofrecen prezos especiais en distintas modalidades. En todos os casos haberá dous menús a elixir, exclusivamente concibidos para a ocasión e elaborados con produtos de tempada, moitos deles distinguidos con selos de denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida de Galicia.

Javier Arias visitou en Monterroso o Pazo de Ludeiro, un dos establecementos adheridos ao programa Outonos Gastronómicos

Xunta

Javier Arias visitou en Monterroso o Pazo de Ludeiro, un dos establecementos adheridos ao programa Outonos Gastronómicos

  • A maioría engaden paquetes con aloxamento, para unha ou dúas noites, e algúns mesmo experiencias complementarias, como paseos a cabalo, descenso en canoa ou visitas a puntos de interese turístico da contorna.

impacto na economía provincial

Arias salientou o éxito desta proposta, que nas 18 edicións anteriores logrou xerar no sector 6,6 millóns de euros, grazas á participación de máis de 100.000 persoas. 

Ademais cumpre un importante papel como escaparate do noso turismo rural e da nosa gastronomía”, afirmou, “e este ano é especialmente necesaria nas zonas que resultaron máis afectadas polos incendios forestais, para axudarlles a recuperar a actividade económica”.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

05:00 H | 23 DIC 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking