Así o anuncio o secretario da xestora, José Manuel Martínez Chao, quen tamén quixo “agradecer ao Partido Popular provincial, autonómico e nacional a confianza depositada no seu nomeamento e, como non, a todos os afiliados, simpatizantes e en xeral a todos os cidadáns de Foz a gratitude mostrada” e resalta que “ao longo destes case catro anos que está xunta xestora estivo ao fronte do Partido Popular en Foz conseguíronse logros tan importantes como a consecución da alcaldía, así como ser a forza política máis votada en todas as eleccións que se celebraron: europeas, nacionais, autonómicas e no eido local. Desde a presidencia e a secretaría desta xunta xestora, e recollendo o sentir de todos os membros da mesma, grazas a todos pola colaboración e desexamos moita sorte aos novos compoñentes do próximo comité local”. Para a presidencia do novo comité local do Partido Popular de Foz xa está confirmada unha candidatura, que é a de Javier Jorge Castiñeira, natural de Foz, naceu no ano 1974. É arquitecto técnico pola Universidade de A Coruña e afiliado ao Partido Popular dende o 11- 5- 2010 e dende xuño de 2011 é alcalde deste concello da Mariña.