• Sábado, 27 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta advirte que os recursos de financiamento autonómico non teñen en conta o impacto nas arcas galegas das medidas de loita contra a inflación

A Xunta advirte que os recursos de financiamento autonómico non teñen en conta o impacto nas arcas galegas das medidas de loita contra a inflación

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 23:15

As cifras comunicadas no CPFF confirman a prudencia do Goberno galego no cálculo empregado para as contas do vindeiro ano

Miguel Corgos critica o traxe a medida a prol de Cataluña en materia de financiamento

A Xunta de Galicia advirte que os recursos de financiamento autonómico comunicados hoxe ás Comunidades Autónomas non teñen en conta o impacto nas arcas galegas das medidas de loita contra a inflación postas en marcha polo Executivo central.
As cifras feitas públicas hoxe no Consejo de Política Fiscal e Financiera (CPFF) celebrado en Madrid ao que asistiu o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, confirman a prudencia do Executivo galego do cálculo empregado para a elaboración da contas do vindeiro ano.

Neste sentido, os recursos de financiamento comunicados ascenden a 10.597 millóns de euros fronte aos 10.206 millóns previstos no proxecto de orzamentos aprobado pola Xunta.
Pese a ser 392 M? de euros máis, hai que ter en conta que, no caso de que o Goberno central prorrogue as medidas de loita contra a inflación, como xa avanzou, o impacto nas arcas autonómicas sería de 322 millóns de euros. Deste xeito, a capacidade de gasto real para 2024 aumentaría só uns 70 millóns de euros respecto ao proxecto de lei en tramitación parlamentaria. Ademais, o CPFF informou de que o obxectivo de déficit para 2024 para as CC.AA quedará fixado no 0,1 %, obxectivo aínda pendente de ratificar polas Cortes. Neste marco, a Xunta manifestou a súa oposición por considerar que o maior esforzo na contención do déficit recae nas autonomías. En calquera caso, o proxecto de presupostos de Galicia para o ano que vén non prevé novo endebedamento por primeira vez en 16 anos.

Finalmente, o conselleiro de Facenda e Administración Pública lamentou a falta de información sobre os acordos do PSOE e ERC en materia de financiamento, e criticou que o “traxe a medida” a prol de Cataluña pode “non sentarlle tan ben” ao resto de comunidades.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

JJOO - Baloncesto Masculino: España-Australia

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo JJOO - Baloncesto Masculino: España-Australia

JJOO - Baloncesto Masculino: España-Australia

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar