Lugo acolle este sábado a Gran Reunión dos Cidadáns do Mundo

Trátase dunha celebración intercultural organizada polo Concello para avanzar "na integración, na convivencia e na igualdade" entre veciños, pero tamén coa intención de dar a coñecer os novos servizos municipais de atención a persoas migrantes

waldir
00:00
Ramudo

Esta reunión foi promovida pola concellería que dirixe Waldir Sinisterra

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A cidade de Lugo acolle este sábado -19 de xullo-, a partir das 16.00 horas, a Gran Reunión dos Cidadáns do Mundo, unha xornada organizada pola Concellería de Movementos Migratorios, que dirixe Waldir Sinisterra, co obxectivo de fortalecer a integración social, a igualdade de oportunidades e a defensa dos dereitos da poboación inmigrante.

O evento terá lugar na nova sede da Concellaría, situada na segunda planta do centro social Uxío Novoneyra, na rúa Quiroga Ballesteros - , en pleno centro do casco histórico de Lugo. A xornada foi plantexada como unha celebración intercultural, pero tamén como unha ocasión para dar a coñecer os servizos municipais de atención a persoas migrantes e solicitantes de protección internacional.

De feito, asegura, "desde a creación da área de Movementos Migratorios, o goberno local ven asumindo a tarefa de consolidar a Lugo nunha cidade referente en políticas de acollida, inclusión e cidadanía global". Baixo a dirección de Waldir Sinisterra, engade, "a Concellaría traballa para garantir que tódalas persoas, independentemente da súa orixe, teñan acceso aos dereitos fundamentais e poidan participar plenamente na vida social, económica e cultural do municipio".

Neste novo punto de información cidadá ofreceremos atención especializada para persoas migrantes en aspectos clave como o asesoramento xurídico gratuíto, orientación sobre o acceso a dereitos sociais, laborais e de residencia, asistencia a persoas solicitantes de protección internacional”, destacou Sinisterra.

Tamen precisou que esa asistencia será presencial os martes e venres, de 11:00 a 14:00 horas, con atención individualizada mediante cita previa -que se pode solicitar a través dos teléfonos de atención ao cidadá do Concello de Lugo-.

"combater a desigualdade estrutural"

Con esta iniciativa, reafirmamos a nosa vontade de combater a desigualdade estrutural, as barreiras administrativas e a discriminación que se alimenta desde os sectores máis reaccionarios, á vez que promovemos un modelo de cidade aberta, integradora, solidaria e diversa”, afirmou o edil.

A Gran Reunión dos Cidadáns do Mundo non será unicamente un espazo informativo. A xornada está pensada como unha festa da diversidade, cun dúo musical en directo, exhibicións de baile e un aperitivo colectivo, para fomentar o encontro entre culturas e o respecto mutuo.

A integración real comeza co recoñecemento mutuo, con espazos comúns onde podamos vernos, escoitarnos e entendernos como iguais”, afirma o concelleiro Waldir Sinisterra. “Este evento é unha invitación a todas as persoas que elixiron Lugo como o seu fogar para sentirse parte activa da cidade. Aquí non hai cidadáns de primeira ou segunda: hai veciños e veciñas cos mesmos dereitos e deberes".

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

18:00 H | 7 OCT 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking