O Gran Banquete do González: tradición e calidade ao servizo de Outeiro

Un evento de altura que reúne a máis de 700 persoas na carballeira de Santa Isabel nunha celebración gastronómica e social única no concello.

Festa dos Maiores de Outeiro de Rei
00:00
Chema Núñez

Festa dos Maiores de Outeiro de Rei

Chema Núñez

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Unha festa que non decepciona:  Máis de 700 persoas, preto de 30 camareiras e camareiros, e 1.000 metros cadrados de carpa. Só o restaurante González pode organizar unha cita así, con tanta envergadura e calidade. O alcalde de Outeiro, José Pardo, confía dende hai anos na hostalaría local para a organización de grandes eventos, e este sempre acerta.

Coidar aos maiores, unha prioridade

Oscar do restaurante González de Gullar, Outeiro de Rei (Lugo)

Chema Núñez

Oscar do restaurante González de Gullar, Outeiro de Rei (Lugo)

Óscar, do restaurante González, é o encargado de que ningún detalle quede ao azar. O seu obxectivo é que os maiores —esa parte tan querida da sociedade— saian satisfeitos e con ganas de repetir a experiencia o ano seguinte. Esta comida dos maiores é o gran acontecemento previo á Feira de Artesanía que se celebra mañá sábado.

Un menú exquisito e tradicional

Baixo unha gran carpa con escenario para música, o González servirá a máis de 700 persoas un menú delicioso e moi da terra: empanada de primeiro, pulpo á feira de segundo, xarrete con patacas e verdura de terceiro, e tarta de améndoa para rematar. Todo iso acompañado dunha gran festa posterior para celebrar en compañía.

Un desfile especial para abrir boca

Máiss de 20 camareiros e camareiras prestos para o desfile antes do traballo
00:00
Chema Núñez

Máiss de 20 camareiros e camareiras prestos para o desfile antes do traballo

Para comezar a xornada, os traballadores da hostalaría presentarán un bonito desfile que dará inicio ao servizo, arrincando os aplausos do público e creando unha atmosfera festiva desde o primeiro momento. 

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Últimos audios

Último boletín

05:00H | 13 JUL 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking