As rutas fluviais pola Ribeira Sacra achegáronse ao 80% de ocupación durante a Semana Santa
Do luns 14 ao domingo 20 de abril viaxaron nos catamaráns xestionados pola Deputación de Lugo maís de 2.000 persoas

Pilar García Porto, deputada de Turismo, valora positivamente os datos das rutas fluviais durante a Semana Santa
Lugo - Publicado el
1 min lectura
As rutas fluviais da Deputación de Lugo para descubrir a Ribeira Sacra tiveron esta Semana Santa preto dun 80% de ocupación, posto que dende o luns 14 ao domingo 20 de abril viaxaron nos catamaráns xestionados pola institución provincial un total de 2.123 persoas.
"Son cifras boísimas tendo en conta o mal tempo que fixo estes días en toda Galicia", valorou a deputada de Turismo, Pilar García Porto.
"Unha acollida que dá boa conta da calidade deste servizo público e do seu impacto na dinamización económica e social da comarca", reafirmou a responsable provincial sobre as rutas da institución que descorren polo río Miño e polo río Sil.
MÁIS RUTAS NAS VINDEIRAS SEMANAS
A Deputación ofreceu un servizo ininterrompido do luns 14 ao domingo 20, operando nas dúas rutas do Mencía, en horario tanto de mañá como de tarde. O resto do mes, os catamaráns da institución provincial navegarán de mércores a domingo pola ruta Canón do Sil e no caso de Cabo do Mundo haberá viaxes nas fins de semana.
A institución provincial volverá reforzar os horarios en ambas rutas na ponte do 1 de maio pola festividade do Traballo e as persoas interesadas poden adquirir os seus billetes na páxina reservas.rutasembalses.es.

A Ribeira Sacra é o exemplo mellor conservado de "viticultura heroica"