Comeza a tempada de rutas fluviais pola Ribeira Sacra co obxectivo de superar o récord de pasaxeiros do ano pasado

A expectativa da Deputación de Lugo é superar os 61.000 usuarios, e xa hai máis de 15.000 reservas nestes primeiros meses de 2025

00:00
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, inaugurou a nova tempada de rutas fluviais pola Ribeira Sacra

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el

3 min lectura2:05 min escucha

Este sábado deron comezo as viaxes en catamarán da Deputación de Lugo, que arrincan cun incremento do 22% nas reservas con respecto ao ano pasado e coa expectativa de superar os 61.000 pasaxeiros do 2024 nesta tempada.

"Este servizo é un motor económico fundamental para a comarca da Ribeira Sacra porque atrae á provincia a novos visitantes e dinamiza a economía local, polo que o investimento que destinamos cada ano repercute directamente no turismo, a hostalería e o comercio", destacou o presidente da institución, José Tomé.

O mandatario provincial, que compartiu viaxe cos primeiros pasaxeiros da tempada de catamaráns deste 2025 na ruta fluvial polos Canóns do Sil, desexoulles unha boa travesía e animounos a descubrir en profundidade "unha comarca marcada pola beleza paisaxística, a riqueza da súa cultura vinícola e os seu patrimonio histórico".

Autoridades na inauguración da temporada de catamaráns da Deputación de Lugo

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo

Autoridades na inauguración da temporada de catamaráns da Deputación de Lugo

MÁIS DE 15.000 reservas

A tempada 2025 das rutas fluviais pola Ribeira Sacra comeza cunha gran acollida por parte do público, que xa realizou 15.453 reservas.

Este incremento de 3.453 reservas con respecto ao ano pasado reflicte o crecemento da demanda e a consolidación destas rutas como unha das principais alternativas turísticas en Galicia.

Na nova tempada manteranse os dous percorridos: a ruta fluvial Canón do Sil, que parte do embarcadoiro Ponte de Sil, en Monforte de Lemos, e ten unha duración de dúas horas; e a ruta fluvial do Cabo do Mundo, que parte de Belesar, no Saviñao, e que transita polo río Miño, cunha duración aproximada de dúas horas.

As persoas interesadas en realizar calquera das rutas, que continuarán ata final de ano, poden adquirir os seus billetes en reservas.rutasembalses.es.

DÚAS TRAVESÍAS POLO SIL...

No caso da ruta fluvial Canón do Sil funcionarán dúas travesías cunha capacidade total de 159 prazas, distribuídas en 107 prazas no catamarán Mencía e 53 no monocasco Canón do Sil.

En marzo haberá rutas a fin de semana do 29 e 30, en horario de mañá de 11:30 horas e 16:00 horas.

En abril, con motivo da Semana Santa, haberá servizo ininterrompido do luns 14 ao domingo 16, operando nas dúas rutas do Mencía, en horario de 11:30 horas e 17:00 horas; e o Canón 11:00 horas a 16:30 horas. O resto do mes, os catamaráns da Deputación navegarán de mércores a domingo pola ruta Canón do Sil e no caso de Cabo do Mundo haberá viaxes as fins de semana.

En maio, a ruta estará dispoñible de mércores a domingo, con saídas ás 11:30 e 16:30 de luns a venres as fins de semana; e na ponte do 1 de maio as saídas serán ás 11:30 e 17:00 para Mencía, e ás 11:00 e 16:30 para o Canón do Sil.

Durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro haberá rutas de luns a domingo, en horario de mañá, tarde e noitiña

A partir de outubro pasarán a funcionar de mércores a domingo e no mes de novembro as fins de semana

...e unha polo miño

Pola súa banda, a ruta fluvial Cabo do Mundo contará cunha capacidade total de 63 viaxeiros no catamarán Pelegrín.

En xuño habilítanse viaxes as fins de semana con tres frecuencias horarias

Para xullo, agosto e setembro o servizo funcionará durante toda a semana

No mes de outubro, as saídas estarán dispoñibles as fins de semana e os días 8, 9 e 10, cun horario de 11:30 e 16:30 horas

En novembro, as saídas serán as fins de semana, cun horario de 11:30 e 16:00 horas.

Finalmente, no mes de decembro, as saídas realizaranse do 1 ao 8, cun horario de 11:30 e 16:00 horas.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

13:00 H | 15 NOV 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking