"Herdeiros dun legado": o Club Deportivo Lugo lanza dúas camisolas especiais inspiradas no Arde Lucus

Unha fusión entre historia e orgullo albivermello que conecta o presente coa riqueza das raíces lucenses

O CD Lugo lanza dúas camisolas especiais inspiradas no Arde Lucus
00:00
Chema Núñez

O CD Lugo lanza dúas camisolas especiais inspiradas no Arde Lucus

Chema Núñez

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Club Deportivo Lugo únese un ano máis á celebración do Arde Lucus con dúas camisolas conmemorativas que renden tributo ás raíces históricas da cidade baixo o lema "Herdeiros dun legado". Deseñadas e fabricadas pola CDLU Store, estas prendas únicas combinan a paixón polo equipo coa grandeza do pasado de Lugo.

romanoS e castrexOS: dúas almas nun mesmo corazón

Camisola castrexa do CD Lugo

Cedida

Camisola castrexa do CD Lugo

Cada camisola simboliza un dos dous grandes mundos que marcaron a orixe da cidade: o Imperio Romano e a cultura castrexa

A camisola romana recrea a armadura legionaria dos soldados que chegaban a Lucus Augusti no século I a.C., con acabados metálicos, correas e remaches dourados, xunto co escudo do CD Lugo e o patrocinador principal, Estrella Galicia. Un deseño que une historia, identidade e emoción albivermella.

Camisola romana do CD Lugo

Cedida

Camisolas romana e castrexa do CD Lugo

Pola súa banda, a camisola castrexa inspirase na estética dos pobos galaicos que habitaron os castros do noroeste peninsular antes da romanización. Con texturas que lembran o coiro, tecidos rústicos e un forro de pel, este modelo rende homenaxe ao espírito libre e resistente dos primeiros habitantes do territorio lucense. 

Xa dispoñibles na CDLU Store

Estas dúas pezas exclusivas están xa á venda na tenda online da CDLU Store e, a partir do venres 23 de maio, tamén poderás facerte coa túa camisola na tenda física da Rúa Armanyá, número 7, na esquina coa Rúa Conde Pallares.

Programas

Último boletín

05:00H | 25 JUL 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking