A grande historia detrás dunha pequena receita de laxantes do século XV

Os investigadores Rodrigo Pousa e Ricardo Pichel atopan un breve escrito en galego nun documento notarial que amosa o uso do galego en ámbitos profesionais e medicinais da época

00:00

Escoita a entrevista en Mediodía Galicia cos investigadores Ricardo Pichel e Rodrigo Pousa

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Unha investigación sobre o preito que a familia dos Mariño de Lobeira mantiveron cos arcebispos composteláns no século XV por mor da xurisdición de varias freguesías do alfoz de Muros derivou no sorprendente descubremento "dunha peza documental de extraordinario valor para a historia lingüística, científico-literaria e cultural da Galiza medieval".

Así se recolle no artigo da Revista Galega de Historia Murguía onde se publica o traballo dos investigadores Ricardo Pichel e Rodrigo Pousa que nos contan en Cope Galicia como foi posible atopar "en medio do estudo dos 6.000 fóleos dun pleito que se desenrolou durante case dous séculos" esta pequena receita escrita en galego nun anverso dunha das follas do documento dixitalizado do notario muradán Pedro de Antelo que se atopa gardado na Real Chancillería de Valladolid.

Foi o doutor en Historia pola Universidade de Vigo, Rodrigo Pousa, quen se decatou deste breve texto que, recoñece, "foi moi inesperado xa que, en visión, son como unos garabatos pero xa me din conta de que era algo bastante singular".

Tanto que, como nos conta Ricardo Pichel, profesor na Universidade de Alcalá e membro do Instituto da Lingua Galega "é o conxunto de instrucción que supostamemte se recetou a alguén que sufría dunha doenza intestinal e que hai que seguir para obter un efecto purgante".

A GRANDE HISTORIA DENTRO DUNHA PEQUENA RECEITA

Mais aló da atemporalidade que supoñen este tipo de doenzas e das receitas laxantes tradicionais que en moitos casos seguen sendo moi semellantes ás de hoxe en día, o realmente importante deste pequeno texto é a moita información que nos ofrece da realidade lingüística e social da Galicia de mediados do século XV.

Por exemplo, segundo destaca Rodrigo, "nos sabemos xa que no medio oral naquela época o galego tiña moita presenza, casi hexemónica, en moitos ámbitos como no xurídico, literario e notarial; pero agora sabemos que tamén no científico"

Polo que este achado "acaba por concretar esta imaxe que temos dese gran espectro do uso do galego nesa época, a pesar de que a finais do XV e sobre todo no XVI o castelán se fixo moito mais relevante".

Unha receita na que se nomea a casa de Gonçalvo do Ribeiro, en referencia, ao parecer, á procedencia dunha parte dos produtos ou ingredientes necesarios para a elaboración da poción purgante pero que, segundo Rodrigo, "aínda descoñecemos de quen se poda tratar, non sabemos se era o destinatrio da receita ou quen tiña a capacidade de elabora-la"

ctv-n4k-fol-1r

Aínda que mais aló disto, di Ricardo, a receita laxante ofrece datos sobre o comercio de sustancias "de procedencia foránea naqueles tempos a Galicia, como o sene de Alexandría ou a canafístula, ingredientes en certa medida variedade da canela e que aínda que sí temos rexistrada a súa presenza na península desde o s. XIII, tíñamos poucos datos da súa presenza na Galiza, polo que abre a perspectiva da vitalidade do comercio a mediados do XV no noroeste peninsular".

E todo grazas a esta breve receita "que non vai ser o único achado que nos ofrezca o estudo destes documentos", segundo nos adianta Rodrigo "xa que coido que vai aparecer incluso algunha fortaleza que tíñamos indocumentada na zona de Muros".

Polo que, de seguro, seguiremos falando en breve do traballo destes investigadores nos documentos que se atopan arquivados na Real Chancillería de Valladolid e que, mais aló de pleitos entre grandes terratenentes da época, nos dan unha imaxe aínda incompleta pero cada vez mais da sociedade e os usos lingúisticos na Galicia atlántica do século XV.

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

Programas

Último boletín

5:00H | 09 MAR 2026 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking