Avanzan as obras de rehabilitación da concatedral de San Xiao, en Ferrol

A Xunta prevé que se rematen a principios do vindeiro ano 2024

ctv-zf7-obras-ferrol

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe xunto ao bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, a Concatedral de San Xiao, onde percorreu os andamios instalados na zona da torre antes da súa retirada, nas vindeiras semanas, tras o remate das primeiras actuacións.

Tal como explicou o responsable autonómico de Cultura, esta actuación, na cal a Consellería inviste 450.000 €, é a primeira impulsada neste ben no marco do Plan Catedrais de Galicia, a folla de ruta coa que a Xunta "consolida a súa aposta por seguir reforzando o rico patrimonio cultural da nosa Comunidade con vistas ao Xacobeo 2027". "Os templos como o de San Xiao son os nosos recursos culturais máis potentes e desempeñan un papel fundamental nas cidades que os albergan tanto pola súa significación relixiosa como polo seu protagonismo social", salientou Román Rodríguez.

Neste sentido, o conselleiro de Cultura destacou o esforzo feito pola Administración autonómica para que estes bens de gran valor simbólico e integrados en rutas de peregrinación continúen sendo "unha testemuña da nosa identidade e cultura", así como para "garantir a súa preservación e que poidan ser gozados polas xeracións que virán tras de nós".

Ben patrimonial no barrio da Magdalena

Obras en desenvolvemento A Concatedral de San Xiao é un dos bens patrimoniais máis importantes da cidade de Ferrol. Está incluída no ámbito de protección do Barrio de Magdalena e as obras divídense en dúas fases. A primeira, que está actualmente en desenvolvemento, céntrase na zona exterior para restaurar o reloxo e solucionar os problemas de estabilidade que podían afectar no futuro á torre. Para iso limpouse toda a superficie e desmontouse o remate substituíndo aquelas pezas que tecnicamente foi necesario.

Unha vez rematados estes traballos continuarase coa segunda fase no interior do templo afectando á zona superior do coro e a entrada. No seu conxunto, prevese que ambas fases estean rematadas no primeiro trimestre do ano 2024.

Por outro lado, o acordo asinado coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol prevé tamén un investimento de preto de 340.000 € para completar a restauración da igrexa das Dores de Ferrol, cuxo proxecto de obra estase a ultimar para iniciar o proceso de contratación. Trátase dun templo de especial importancia para a cidade pola súa vinculación coa celebración da Semana Santa ferrolá, declarada de Interese Turístico Internacional, e ser sede da confraría do mesmo nome.

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

Programas

Último boletín

12:00 H | 7 SEP 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking