A quen se dedica o Día das Letras Galegas de 2025?

Este 17 de maio, o recoñecemento da Real Academia Galega é unha homenaxe colectiva á poesía popular e ás cantareiras

Bandera de Galicia

Canva

Bandera de Galicia

Redacción COPE Coruña

Coruña - Publicado el

2 min lectura

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas 2025 estará dedicado, por primeira vez na súa historia, a unha homenaxe colectiva: ás cantareiras e á poesía popular oral. A Real Academia Galega (RAG) escolleu unha candidatura múltiple que recoñece o labor de creación e transmisión cultural desenvolvido por moitas mulleres galegas ao longo dos séculos. Esta decisión pon o foco nunha das expresións máis profundas da identidade galega: a música e a palabra viva do pobo  

 Seis mulleres como símbolo dun legado 

A homenaxe toma corpo en seis figuras representativas: Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), e as Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños): Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda. Todas elas finadas hai máis dunha década, foron pioneiras na conservación e difusión dunha arte que xermolou no anonimato e na esfera doméstica.

Adolfina Casás Rama fotografada pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth na Vila da Igrexa (Cerceda)

Dorothé Schubarth / Real Academia Galega

Adolfina Casás Rama fotografada pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth na Vila da Igrexa (Cerceda)

Segundo sinala a proposta da RAG, “a lingua galega continuou viva e vizosa durante séculos, malia as prohibicións e a súa desaparición do espazo oficial, porque o pobo galego a custodiou. En particular as mulleres preservaron a lingua e crearon anonimamente unha poesía popular transmitida nas cantigas"

 Unha cultura que resistiu no rural 

Estas cantareiras e pandeireteiras emerxeron no contexto das rogas, traballos colectivos da sociedade labrega que remataban con música e baile. A pesar do seu papel esencial, a historia ocultou durante décadas a súa contribución, favorecendo a icona do gaiteiro como símbolo único da música tradicional galega.

As Pandeireteiras de Mens na praza da Quintana con Manuel Cajaraville Pensado.As Pandeireteiras de Mens na praza da Quintana con Manuel Cajaraville Pensado

Fondo da Agrupación Folclórica Aturuxo. Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego

As Pandeireteiras de Mens na praza da Quintana con Manuel Cajaraville Pensado.

Nos anos 80, o traballo da musicóloga suíza Dorothé Schubarth e do académico Antón Santamarina, co Cancioneiro popular galego, serviu para poñer nome e voz a moitas destas mulleres. A partir dese momento, comezaron a recuperar o seu lugar na memoria colectiva.

 Da invisibilidade ao recoñecemento  

Casos como o de Eva Castiñeira, primeira pandeireteira en actuar cun grupo folk (Milladoiro, 1981), ou das Pandeireteiras de Mens, que percorreron Europa e América a partir de 1972, ilustran como estas mulleres foron pioneiras sen selo recoñecidas na súa época.

Eva Castiñeira retratada por Pablo Quintana

Pablo Quintana / RAG

Eva Castiñeira retratada por Pablo Quintana

Elas fixeron patente que, ademais dos gaiteiros, cumpría ter en conta as mulleres e o patrimonio oral que representaban. Así o, subliña a obra da musicóloga Beatriz Busto Miramontes.

 Un 17 de maio para dialogar coa modernidade 

A RAG aposta tamén por poñer en diálogo esta tradición co presente, destacando o labor de novas xeracións de artistas como Mercedes Peón, Xabier Díaz, Leilía, Tanxugueiras, Faia Díaz, Caamaño&Ameixeiras ou Fillas de Casandra, que beben desta fonte para renovar a música galega.

O Día das Letras Galegas 2025, vinte e sete anos despois de estar dedicado aos trobadores medievais da ría de Vigo, será o segundo con carácter colectivo. Desta vez, recoñecendo un legado que “segue a deixar pegada nas novas xeracións” e que foi durante séculos transmitido "das avoas ás netas, das nais ás fillas, dunhas veciñas a outras”.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE A CORUÑA

COPE A CORUÑA

En Directo COPE MÁS A CORUÑA

COPE MÁS A CORUÑA

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 18 AGO 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking