• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

La Xunta de Galicia financia la constitución de 12 brigadas contra incendios en ayuntamientos mariñanos

La delegada territorial, Raquel Arias, explicó las líneas de colaboración que se establecen con los municipios “para conseguir una mayor eficacia en la lucha contra el fuego” a través de optimización en la utilización de los recursos. El apoyo de la administración autonómica facilita la contrataci?n de 62 personas  en 12 ayuntamientos, que se suman a los efectivos desplegados en la provincia por la Consellería de Medio Rural y del Mar a través del PLADIGA

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

A Xunta colaborará na loita contra os incendios forestais cos concellos da comarca da Mariña, para o que aprobou o financiamento de 12 brigadas municipais. A Consellería do Medio Rural e do Mar inviste 335.123 euros euros nesta acción, que beneficia aos 12 concellos da zona que o solicitaron e suporá a contratación nos vindeiros días de 62  traballadores e traballadoras.  Así o expuxo a delegada territorial de Lugo, Raquel Arias, que subliñou a aposta da Xunta pola colaboración cos concellos “para conseguir unha maior eficacia na loita contra o lume a través da optimización no uso dos recursos”. No caso da Mariña, disporán de brigada propia os municipios de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Vicedo, Ourol, Trabada, Viveiro e Xove. Arias, acompañada polo xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Ramón Losada, explicou que o persoal destas brigadas ven a completar o operativo despregado con persoal propio pola Xunta en toda a provincia, co que “o dispositivo de loita contra incendios deste ano será similar en liñas xerais ao do pasado exercicio en canto a número de efectivos”. Tamén en relación con este asunto, Arias sinalou que “a colaboración cos municipios enmárcase no ámbito da coordinación e apoio entre administracións” e introduce claras vantaxes, “xa que garante a optimización dos recursos dispoñibles, faise fincapé nas tarefas de prevención, gáñase operatividade porque os gobernos locais coñecen mellor as necesidades de actuación no seu termo municipal, e  increméntase a eficacia porque todo o operativo está coordinado por un único mando do Servizo de Defensa contra Incendios da Xunta de Galicia”. As brigadas  constan de entre 4 e 6 membros e, entre as súas obrigas, terán que acreditar traballos de limpeza nun mínimo de 5 hectáreas do municipio, realizando tarefas de roza, rareo e eliminación de restos en terreos municipais ou de dono descoñecido ou ben vías nas que é impracticable a limpeza mecanizada, con tractor, e debe facerse a man. Atendendo a circunstancias especiais de situación xeográfica, masa forestal ou risco de incendios, hai concellos que constituirán dúas brigadas. A delegada indicou que este modelo de colaboración cos concellos na prevención dos lumes, posto en marcha o ano pasado, “está a mudar tamén un pouco a imaxe da ordenación do noso territorio, xa que se actúa para que todas as franxas que bordean os núcleos rurais e os núcleos urbanos se manteñan limpas”. Arias considerou que a maioría dos concellos “están coa mesma sensibilidade que a Xunta” para facer fronte a esta lacra e existe unha “excelente coordinación” entre administracións.  De feito, subscribíronse tamén convenios para sufragar o funcionamento dos vehículos motobombas  e para a aplicación de tratamentos preventivos de limpeza en camiños, pistas e outros espazos vexetais coa intención de minimizar o risco e os efectos dos lumes. Neste sentido, valorou tamén que esa coordinación xa se veu acreditando coa formación dos grupos de Emerxencia por toda Galicia “e agora tamén coas brigadas que van facer prevención e defensa contra os incendios”, concluíu Arias.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar