• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | No habrá contemplaciones según anunció Fernando Suárez

La Policía Local sancionará a los propietarios de los perros que transiten sueltos y no recojan los excrementos de sus mascotas

El alcalde ribadense aseguró que a diario le llegan quejas de la presencia de defecaciones de los perros en las zonas como la vía Transversal, casco viejo o calle Hermanos Moreno Ulloa. Fernando Suárez hace un llamamiento a la conciencia de civismo de la ciudadanía porque considera que es  una vergüenza que se produzca estas situaciones y advierte que la  Policía Local será inflexible.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Suárez Barcia sinalaba que “dos múltiples asuntos que desde o Concellos temos que levar, particularmente hai un deles que parece unha cousa menor, pero danos moita rabia e síntome moitas veces incapaz de poñerlle couto e conseguir que a educación e o civismo da cidadanía conleve unha maior educación para que os propietarios de cans teñan un pouco de sentidiño coas defecacións, coas cagadas dos cans, por dicilo de xeito vulgar, que están a invadir as beirarrúas e os nosos espazos públicos”. O alcalde indicou que “hai zonas coma as rúas Transversal ou Irmáns Moreno Ulloa ou determinados lugares do casco vello que son unha vergoña e son pasto das críticas de moitos veciños que o transmiten ao alcalde, ao concelleiro de Medio Ambiente, ou mesmo nas redes sociais proliferan estas fotos que me da noxo ver e que me da vergoña”. Fernando Suárez engadiu que “aparte de apelar ao sentidiño, á conciencia de civismo e a que a cidadanía tome conciencia de que isto non pode ser así teño advertido á Policía Local para que sexa inflexible e que cando vexa, detecte ou atope a algún propietario dun can que estea a defecar sen que o dono se faga cargo deses excrementos sexa denunciado. Xa non estamos nunha fase de concienciación e advertencia amigable, senon que todos aqueles propietarios de cans que estean ceibos, que caguen na rúa e que non se fagan cargo deses excrementos (os seus donos) serán sancionados sen máis contemplación nin máis apelación a nada”. O rexedor considera que “temos que entre todos facer un Ribadeo máis limpo e máis humano. De pouco serve que o Concello renove as rúas, os pavimentos, coloque árbores, si despois a cidadanía ten que ir coa mirada fixa no chan para tentar non pisar os excrementos dos cans. Confío en que a ver si desta vez a cidadanía da exemplos de madurez e si entre todos conseguimos que isto sexa un lugar europeo, como nos gusta dicir, e que moitas veces parece máis un lugar terceiromundista que do primeiro mundo no que ten que ver coas cagadas dos cans”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo La Linterna de la Iglesia - COPE.es

La Linterna de la Iglesia - COPE.es

Irene Pozo

Escuchar