• Viernes, 10 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

CERVO | El Ayutnmaiento convoca el sorteo de puestos del mercado para oficializar sus parcelas, será el jueves 28 de febrero a las 08:00 horas en la Plaza dos Campos. Pretenden que sea "público, transparente y sencillo"

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

O Concello de Cervo convoca para o día 28 de febreiro, ás 8:00 horas, un sorteo para asignar os postos do mercado semanal que se desenvolve todos os xoves na praza dos Campos de San Ciprián. Este sorteo, que será “público, transparente e sinxelo” segundo o edil de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto,  ten o obxectivo de que cada vendedor teña asignada de forma oficial a súa parcela. O Concello xa convocou a todos os implicados informándolles do día, a hora, o lugar e o obxectivo do sorteo para garantir a máxima participación. O Concello procurou que o sorteo coincidise un xoves e un tempo antes do comezo do mercado para facilitar aos vendedores o seu traballo e non entorpecer a súa actividade. O edil manifesta o seu desexo de que “todos os vendedores queden satisfeitos despois do sorteo”. Soto asegura que este proceso será moi sinxelo e cada vendedor, segundo a orde que vaia marcando o sorteo, poderá elixir o posto no que desexa situarse. Cabe destacar que con este sorteo poderase facer oficial o emprazamento de cada posto, de forma que exista un documento que demostre a distribución de cada un dos postos, “o que garante o bo funcionamento do mercado semanal” engade o edil. Esta medida é un paso máis na mellora e regularización do mercado de San Ciprián. Hai unhas semanas o pleno da corporación aprobara tamén unha modificación da ordenanza reguladora que incluía a rebaixa na taxa que deben pagar os vendedores ambulantes, tanto os suxeitos a licenza municipal como os que acoden de forma puntual.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo