También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Burela | La compañía Mircromina Teatro presenta este sábado en Burela su espectáculo "Historias do Taller", será a las 17:30 horas en la Casa de Cultura

  • cope.es
  • cope.es

A Concellería de Cultura continúa esta fin de semana coa súa programación de outono, presentando o sábado, 22 de novembro, a obra Historias do Taller a cargo da Compañía Mircromina Teatro de Títeres. O espectáculo está dirixido ao público infantil e familiar e comezará ás 17:30 horas na Casa da Cultura. A entrada será de balde ata completar aforo. A concelleira de Cultura de Burela, Mónica Pedre, animou a “tódolos pais e nais para que se acheguen este sábado cos seus fillos  a gozar deste espectáculo”. Un espectáculo interpretado pola Compañía Mircromina, que naceu no 2010 grazas ao proxecto do enxeñeiro técnico agrícola e artista polifacético procedente de Mondoñedo, Ton Areas. A compañía comezou representando obras coma Vacacións no mar ou Cinco historias para unha man, en colaboración coa compañía viguesa Spaguetti Títeres. No 2012 este grupo de teatro fixo unha xira por máis de 40 centros de ensino coa súa obra baseada na técnica de siluetas Teseo e o Minotaurio. A partir de aí, Mircromina Teatro e Títeres caracterizouse por presentar sempre espectáculos de carácter integral nos que os propios actores constrúen os traxes dos seus monicreques, deseñan o decorado, fabrican as historias e ata compoñen a música que as ambienta. Historias do Taller é unha proposta dirixida tanto aos máis pequenos, coma ás familias. Nela as sorpresas, o ritmo e a selección das mellores historias xurdidas das visitas da compañía á diferentes centros escolares, serven de fío condutor deste espectáculo de monicreques.

Lo más visto