Barro acollerá o Congreso de Comunidades Enerxéticas da Deputación de Pontevedra o 10 de setembro

O encontro está organizado pola Deputación de Pontevedra a través da súa Oficina de Transformación Comunitaria (OTC) +Renovables

Javier Tourís, deputado Acción Comunitaria
00:00

Javier Tourís, deputado Acción Comunitaria

Redacción COPE Pontevedra

Pontevedra - Publicado el

2 min lectura

O Polígono Industrial de Barro será o escenario, o mércores 10 de setembro, do Congreso de Comunidades Enerxéticas, organizado pola Deputación de Pontevedra a través da súa Oficina de Transformación Comunitaria (OTC) +Renovables. A cita reunirá a particulares, empresas, administracións e colectivos sociais interesados en avanzar cara un modelo sostible e participativo de produción e consumo de enerxía renovable. 

Un encontro para transformar o consumo enerxético

O acto será inaugurado polo presidente da Deputación, Luis López, e polo alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, xunto a representantes da OTC DEPO, un servizo que presta asesoramento integral para crear comunidades enerxéticas en toda a provincia, con especial atención ao rural e aos concellos en reto demográfico.

A xornada desenvolverase de 9:15 a 17:30 horas e incluirá relatorios, mesas de debate e obradoiros prácticos. Os temas a tratar van desde o impacto económico e social destas comunidades ata a aplicación da intelixencia artificial na xestión de datos, pasando polos marcos legais e de financiamento.

Expertos e proxectos pioneiros

Entre os relatores destacan nomes como Diego Quiñoy (EnergyLab), Jorge Fernández Gómez (Orkestra – Universidade de Deusto), Oriol Sarmiento (Cluergal), Pablo Álvarez Rodríguez (ITG) ou Julio Mendo Buetas, especialista en regulación enerxética.

O congreso contará tamén coa participación de proxectos pioneiros xa en marcha, como Xermade XERAndo, Begonte Genera, Galeosol ou Arroyo Alumbra, que amosan como a colaboración veciñal se traduce en aforros reais, soberanía enerxética e loita contra a despoboación.

Obradoiros prácticos e inscrición

Ademais dos relatorios, haberá dous obradoiros: un de emprendemento verde, para impulsar start-ups vinculadas á enerxía, e outro de participación cidadá, que ofrecerá ferramentas para implicar á veciñanza nos proxectos.

A asistencia é de balde, con inscrición previa a través do sitio web institucional da OTC. A Deputación pretende con este encontro achegar á cidadanía un modelo que permite aforrar na factura eléctrica e xerar enerxía comunitaria e sostible, situando Galicia como referente en innovación enerxética e participación social.

Escucha en directo

En Directo COPE PONTEVEDRA

COPE PONTEVEDRA

Programas

Último boletín

17:00 H | 12 SEP 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking