Xunta de Galicia
A Xunta participa na saída da Travesía a Nado #PoloDanoCerebral dende a praia do Preguntoiro en Vilanova

A Xunta participa na saída da Travesía a Nado #PoloDanoCerebral dende a praia do Preguntoiro en Vilanova
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou que esta travesía ten como finalidade incrementar o coñecemento e a visibilidade na sociedade do dano cerebral
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta tarde na saída da Travesía a Nado #PoloDanoCerebral, organizada pola Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE).“Temos claro que a través das accións que se están a desenvolver no marco deste proxecto, ademais de contribuír á consolidación do desenvolvemento sostible, social e dinámico das áreas polas que transita o Camiño, configúrase unha axenda social e cultural que toma en consideración aspectos vitais de promoción da saúde para concienciar e sensibilizar tanto á cidadanía galega como á poboación foránea que chega á nosa rexión para percorrer as rutas xacobeas”, indicou a directora de Turismo de Galicia.Esta travesía ten como finalidade o incrementar do coñecemento social sobre o dano cerebral, focalizándose na prevención dos seus principais factores de risco e causas maioritarias, así como nos síntomas de alarma e pautas de actuación no caso de producirse unha delas, especialmente nas zonas de Galicia polas que transcorre o Camiño de Santiago.Neste senso, Nava Castro destacou que mediante estas accións conséguese destacar a riqueza natural, cultural e humana do camiño en Galicia en xeral, visibilizando o patrimonio natural existente na costa galega e en todas as vilas onde se desenvolven accións, así como o patrimonio cultural incomparable que significa para Galicia e para o mundo o Camiño de Santiago de Compostela.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando



