• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta lamenta a improvisación e o escurantismo do Goberno central nas propostas para redefinir o modelo de coidados a maiores

A Xunta lamenta a improvisación e o escurantismo do Goberno central nas propostas para redefinir o modelo de coidados a maiores

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 21:25

A aplicación destas medidas suporía dificultar o acceso dos cidadáns aos coidados, reducir o número de prazas dispoñibles e requiriría dun importante orzamento que non foi comprometido polo Goberno central

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, lamentou a improvisación e o escurantismo do Goberno central nas propostas para redefinir o modelo de coidados a maiores. Esta mañá celebrouse unha reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais na que foron aprobadas estas medidas.A conselleira apuntou que esta proposta é inaceptable ao dificultar o acceso dos cidadáns aos coidados, xa que suporá a perda de prazas e postos de traballo; ao carecer de coordinación sociosanitaria; ao supoñer unha discriminación dos centros situados no rural e ao carecer dun orzamento directo para asumir os seus custes. Fabiola García denunciou que nesta nova reunión o Goberno central presente de novo un documento xa cerrado, que non foi consensuado coas Comunidades Autónomas ?que son competentes nesta materia? e que segue presentando as mesmas carencias que o pasado mes. Por este motivo, Galicia opúxose durante a votación á aplicación destas propostas. Sen orzamento vencelladoEn concreto, denunciou que a intención do Executivo central sexa “anunciar medidas e que as comunidades autónomas paguen”. A este respecto, lembrou que ademais de non achegar fondos para executar estas propostas no modelo de coidados, o Estado segue a incumprir a Lei de Dependencia que lle obriga a pagar o 50% do gasto en dependencia. A conselleira sinalou que Galicia segue asumindo o 70% do gasto da atención a maiores, mentres que o Goberno central segue sen achegar a parte que establece a Lei. Fabiola García apuntou que Galicia seguirá avanzando na implantación do modelo de coidados aprobado polo Goberno galego. Un modelo, concretou, realista e consensuado co sector que contempla entre as súas medidas unha maior coordinación sociosanitaria, a incorporación de vantaxes tecnolóxicas no funcionamento diario dos centros e na mellora da humanización das instalacións. Normal 0 false false false ES JA AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar