Xunta de Galicia

A Xunta destinará o vindeiro ano 5,5 M? ás bonificacións e conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas, o que beneficiará a case 28.000 usuarios cada día

A Xunta destinará o vindeiro ano 5,5 M€ ás bonificacións e conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas, o que beneficiará a case 28.000 usuarios cada día

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Ethel Vázquez salienta que a aposta do Executivo galego por unha mobilidade máis social volverá manter o vindeiro ano intactas as tarifas das autoestradas A Coruña–Carballo e Vigo–Baiona, evitando o impacto do IPC e manténdoas como as máis baratas de España

Remarca que en Galicia desde o 1 de xaneiro os máis de 52.700 maiores de 65 anos que xa dispoñen da Tarxeta de Mobilidade de Galicia e todos os que se fagan con ela poderán desprazarse gratis no autobús da Xunta, unha nova medida pioneira á que se reservan 5 M?

A Xunta destinará 100 M? ao transporte público autonómico, 9 deles para a tarxeta Xente Nova, coa que xa case 160.000 menores de 21 anos viaxan gratis e aforran ata 1.000 ?/ano

Destaca o esforzo na mellora, tamén, das infraestruturas do transporte, con máis de 20M? para as estacións de autobuses intermodais da Coruña e de Lugo e para avanzar na de Ferrol, que precisa da implicación do Goberno de España

A Xunta dará un novo pulo á vertebración cun investimento de 40 M? nas vías de altas prestacións, variantes e acondicionamento de vías, especialmente coa prolongación da autovía da Estrada, que disporá en 2024 de 10 M? e cuxas obras se iniciarán mañá mesmo

Incrementa en preto dun 8% o orzamento destinado á seguridade viaria e á conservación das estradas autonómicas, acadando os case 53 M?

A conselleira remarca que, tras construír 250 quilómetros de sendas, a Xunta investirá case 35 M? en novos itinerarios peonís e ciclistas, incluídos os que transformarán a mobilidade das cidades

Destacan os 1,5 M? da Estratexia de estradas verdes para reforestar as marxes das vías de altas prestacións con frondosas, comezando na primavera pola autovía do Morrazo

O investimento de 500.000 ? permitirá iniciar o desenvolvemento do Plan para crear unha rede de áreas de estacionamento seguro e protexido para o transporte de mercadorías coa previsión de crear 250 prazas o vindeiro ano repartidas por todo o territorio

Un total de 85 M? destinaranse a axudar aos concellos nas súas competencias de depuración e saneamento e 23 M? a incrementar a resiliencia fronte a seca, coa mellora de abastecementos municipais, a redución de perdas ou a identificación de novas reservas

Crearase a Escola da Auga, para fomentar a formación continua do persoal técnico dos concellos e garantir unha xestión profesionalizada

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Últimos audios

Último boletín

4:00H | 26 MAR 2026 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking