Xunta de Galicia

A Xunta e o Concello de OzaCesuras colaborarán nun proxecto para habilitar unha senda no río Mendo

A Xunta e o Concello de Oza-Cesuras colaborarán nun proxecto para habilitar unha senda no río Mendo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O obxectivo é poñer en valor esta zona desde o punto de vista ambiental, con actuacións de recuperación e limpeza nas marxes fluviais e eliminación de especies invasoras, ao tempo que se habilita un sendeiro para atraer visitantes e potenciar o turismo sostible

A Xunta de Galicia e o Concello de Oza–Cesuras colaborarán nun proxecto medioambiental para habilitar unha senda no río Mendo ao seu paso polo municipio e poñer en valor esta zona fluvial e a súa contorna.Así o acordaron esta semana a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde Pablo González, no marco dunha reunión de traballo para abordar este e outros asuntos de interese municipal.O obxectivo da actuación, cun horizonte de execución bianual, é poñer en valor esta zona do concello desde o punto de vista medioambiental, ao tempo que se explora o seu posible aproveitamento turístico e de ocio.Neste sentido, os traballos nos que a conselleira se comprometeu a colaborar incluirán, entre outros, tarefas de recuperación e limpeza nas marxes fluviais e eliminación de especies invasoras co obxectivo común de conservar e protexer a riqueza do río e da súa contorna.Así mesmo e tendo en conta que a zona na que o Concello quere intervir forma parte da Rede Natura e destaca polos seus importantes valores ambientais, o anteproxecto prevé a creación dunha senda fluvial que permitirá gozar da contorna e atraer novos visitantes a través da aposta por un turismo verde e sostible.Pola súa parte, a conselleira salientou a notable compoñente medioambiental do proxecto, que encaixa no obxectivo da Consellería de poñer en valor o patrimonio natural de Galicia a través da busca dun equilibrio entre a súa imprescindible protección e conservación e un goce e uso público compatibles. Por iso, acordaron seguir traballando a nivel técnico para poder concretar os termos da súa futura colaboración.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

5:00H | 15 ABR 2026 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking