• Martes, 14 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Román Rodríguez afirma na apertura das Letras Galegas 2023 que Fernández del Riego "é un dos arquitectos máis importantes da nosa historia literaria"

Román Rodríguez afirma na apertura das Letras Galegas 2023 que Fernández del Riego é un dos arquitectos máis importantes da nosa historia literaria

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 19:02

Avanzou que, xunto a outras institucións e entidades culturais galegas, se está a avanzar nunha programación dinámica e ampla para “exhibir a vixencia e importancia que a día de hoxe teñen os traballos e obras de Del Riego”

Pon de manifesto a súa produción ensaística, así como a que foi quen de estimular desde o eido editorial e co seu papel en distintas asociacións e agrupacións a prol da lingua e as súas expresións

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Lourenzá (Lugo), 7 de xaneiro de 2023O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe en Lourenzá no acto de apertura das celebracións das Letras Galegas 2023 dedicadas este ano a Francisco Fernández del Riego, coincidindo co 110º aniversario do seu nacemento. No acto salientou a oportunidade desta efeméride para dar maior visibilidade ao “gran legado histórico e intelectual” que deixou na lingua e literatura galegas así como nas principais institucións culturais de Galicia “un dos arquitectos académicos máis importantes da nosa historia literaria”. O titular de Cultura da Xunta, que estivo acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, puxo de manifesto a propia produción de Fernández del Riego, como un dos máis prolíficos ensaístas do século XX e XXI, así como a que foi quen de estimular. “Os seus estudos permitiron afondar na visión historiográfica e material que existía sobre as distintas manifestacións da lingua e literaturas galegas a través do tempo e tamén enriquecer o uso da lingua”, expresou. Tamén salientou o seu papel dinamizador da vida literaria, cultural e intelectual de Galicia, primeiro como fundador de Editorial Galaxia, e, xunto a Ramón Piñeiro, de Grial, a publicación que sería referencia da literatura en galego e das reflexións sobre Galicia, ao tempo que recordou o seu papel en numerosas asociacións e agrupacións a prol da lingua e das súas expresións, desde o Seminario de Estudos Galegos (que este ano celebra tamén o seu centenario) ata a Real Academia Galega ou a Fundación Penzol, que celebra o seu 60 aniversario e foi fundada por el e na que depositou o seu legado. Román Rodríguez considerou “de auténtica xustiza” dedicar este ano a Fernández del Riego tendo en conta, ademais, que un “dos maiores legados que deixou foi a creación do Día das Letras Galegas como unha xornada que permitise atesourar e recoñecer a todos os que contribuíron a enriquecer a nosa lingua e ampliar o noso horizonte intelectual”. Neste sentido, avanzou que a Xunta traballa xunto a outras institucións e entidades culturais galegas nunha programación “dinámica e ampla” para homenaxear ao escritor laurentino e poñer en valor o seu amplo patrimonio documental e intelectual. Ademais de ofrecer unha maior visibilidade á súa pegada histórica na literatura galega e nas principais institucións culturais de Galicia, o propósito é “exhibir a importancia e vixencia que teñen os traballos e obras de Del Riego para todos os galegos”.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo