O PP impulsa unha recollida de sinaturas para pedir máis seguridade na zona norte de Lugo

Respalda “a mobilización veciñal” e reclama medidas para garantir a convivencia, como o “peche definitivo e a revogación de licenza de locais que teñan acreditadas múltiples infraccións”

Elena Candia presentou esta iniciativa na confluencia das rúas Tui e Camiño Real
00:00
PPdeG

Elena Candia presentou esta iniciativa na confluencia das rúas Tui e Camiño Real

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

1 min lectura

 ”Diante da ausencia de resposta e a falta de medidas do goberno local para garantir a seguridade e convivencia na zona norte de Lugo”, a voceira do Partido Popular, Elena Candia, anunciou que o grupo municipal vai impulsar unha recollida de sinaturas para pedir o peche definitivo e a revogación da licencia “daqueles locais onde estén probadas múltiples infraccións e problemas de convivencia derivados das mesmas”. 

Para nós, a seguridade é unha prioridade e un eixo central do noso modelo de cidade”, asegurou este venres en declaracións aos medios de comunicación, na intersección da Rúa Tui co Camiño Real.

Elena Candia explicou que “queremos un Lugo no que veciños e comerciantes vivan con tranquilidade e confianza, porque só así poderemos atraer proxectos de vida e de emprendemento á nosa cidade”.

a pé de rúa

Tamén confirmou que a “campaña faráse a pé de rúa” e haberá unha carpa informativa na Rúa Divina Pastora –na Milagrosa- o próximo mércores, 17 de setembro. Ademais, durante toda a xornada, os promotores da iniciatia recollerán apoios en rúas e comercios do barrio.

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

18:00 H | 24 SEP 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking