A Plataforma Feminista de Lugo chama a manifestarse no 8M: "Se estamos xuntas, non pasarán"
O colectivo asegura que actual situación política pon en perigo os dereitos adquiridos polas mulleres traballadores despois de moitas décadas de loita

A presidenta da Plataforma Feminista de Lugo fai un chamamento á unidade para protexer os dereitos das mulleres
Lugo - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
A Plataforma Feminista de Lugo fai un chamamento á participación na manifestación que percorrerá mañá sábado as rúas do centro da cidade con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, unha "data de memoria e loita cunha orixe que se remonta ás mulleres que xa nos comenzos do século XX se ergueron contra a explotación laboral, a desigualdade e a falta de dereitos básicos".
"Hoxe máis ca nunca compre lembrar o moito que custa acadar a igualdade e o fácil que pode resultar a perda dos dereitos conseguidos", dixo en COPE Lugo a presidenta da Plataforma Feminista de Lugo, Ana Torrón.
Lembrou que estamos nun momento complicado, polo rexurdir da "ultradereita" e un momento político a nivel mundial que, realmente, pode poñer en perigo os dereitos conquistados polas mulleres despois de décadas de loita. Por iso, dixo Ana Torrón, é o momento de aparcar "pequenas diferencias", se é que as hai, e unirse nesa gran protesta.
De feito, o lema escollido este ano é "Se estamos xuntas, non pasarán".
PERCORRIDO E PROTAGONISTAS DA Manifestación
Os actos programados consisten nunha manifestación que como tódolos anos partirá da explanada do Edificio Multiusos da Xunta de Galicia, na Ronda da Muralla, ás 20:00 horas. Partirá no sentido do tráfico, en dirección Porta de San Fernando, para continuar pola Praza do Ferrol, Rúa San Marcos, Praza Santo Domingo, Rúa Raiña e Concello; para baixar por Franciscanos e accederá Praza de Santa María.
Nese punto emblemático co casco histórico rematará o acto, coa lectura compartida do manifesto, que este ano correrá "a cargo de tres destacadas activistas lucenses".
"Tres mullerazas", dixo Ana Torrón: María Barba Núñez, presidenta de Aliad Ultreia, que "como sabedes loita contra a trata e a explotación sexual"; Pilar Sánchez Monje, traballadora na Rede Museística de Lugo e no Museo do Pazo de Tor, "representando o mundo da cultura"; e Isabel Vilalba Seivane, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), gandeira e sindicalista, "en representación da loita da muller no mundo rural".
"Unha vez rematada a lectura, disfrutaremos da actuación musical da artista lucense Rachel acompañada por instrumentistas da nosa cidade", concluiu.