• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Comeza o curso escolar en Galicia con algúns curriculums ainda sen concretar

Dende Escolas Católicas están listos para empezar este xoves o curso 22-23

Audio

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 12:59

Este xoves empeza en Galicia o curso escolar 2022-23, e faino coa convivencia de dúas leis educativas. A nova LOMLOE aplícase ós cursos impares e as presas por empezar a aplicala este mesmo curso fan que comecen as clases sen que todos os currículums estén definidos. Faltan tamén libros de texto porque ás editoriais tampouco lles deu tempo a telos listos.

Destácao en Cope Galicia a secretaria en Galicia de Escolas Católicas, Juana Otero, que subliña de todos modos que se pode empezar o curso sen problema sen conocer todos os detalles.

"En moitos centros non están todos os libros, pero non é un problema porque hai outros medios e o profesorado está preparado para levar a clase sen eses libros".

Con relación ós protocolos covid, decaen todos xa. O único que van ter que respetar os cativos é a máscara cando se desplazan en autobús.

As Escolas Católicas perderon 22 aulas de concerto coa Xunta de Galicia a causa da caída demográfica. Juana Otero pide que en vez de reducir aulas a administración aposte por reducir a ratio de alumnos por profesor.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo