Esta é a programación cultural do Fórum Metropolitano da Coruña no inicio do curso 2025/2026

A nova tempada inclúe 13 espectáculos escénicos para público infantil e familiar, ciclos temáticos de cinema como o Festival Lóstrego ou “Os Ollos Abertos” e unha nova edición do Doc do Mes

Fórum Metropolitano de A Coruña

Noela Bao

Fórum Metropolitano de A Coruña

Redacción COPE Coruña

Coruña - Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O Fórum Metropolitano da Coruña inicia este mes a programación correspondente ao segundo semestre de 2025 cunha proposta cultural diversa, pensada para todos os públicos e con especial atención ao público infantil e ás temáticas sociais de actualidade.

 O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, foi o encargado de presentar hoxe a nova tempada no propio equipamento municipal, acompañado de representantes do tecido cultural da cidade. Castro destacou a relevancia do Fórum como elemento de cohesión social e de acceso á cultura, e destacou “o exemplo de integración e dinamización que supón para o barrio”. 

Presentación da programación do Fórum Metropolitano da Coruña

Andy Perez

Presentación da programación do Fórum Metropolitano da Coruña

A programación escénica inclúe 13 espectáculos, agrupados en tres ciclos principais:

Forumáxico 

Desenvolverase durante as dúas primeiras fins de semana de setembro, con funcións os venres e sábados, e achegará ao público familiar espectáculos de maxia e humor. Participarán A Maga Fani, cun espectáculo surrealista que mestura ciencia e fantasía, e Mago Marco, coa peza Maxia para soñar, que convida a viaxar polos soños dun neno aspirante a mago. A programación complétase con outras funcións de maxia participativa, que mesturan malabares, música e humor escénico para todos os públicos.  

  Todo Público  

 Cinco espectáculos dirixidos a nenas e nenos de 4 a 12 anos, que combinan monicreques, teatro sen palabras, contacontos e propostas con música. Participan compañías como:

Caramuxo Teatro

 ○ Tanxarina

 ○ A Cova das Letras 

Pablísimo 

Sol do Outono

  Sen Numerar  

Novo ciclo dirixido a público xuvenil e adulto, en colaboración con Agadic, que ofrece cinco espectáculos de xéneros diversos e contidos actuais. Inclúe dúas pezas pensadas especialmente para mozos e mozas, sobre o uso das redes sociais e a estética na sociedade contemporánea: O escaparate e As Preciosas Ridículas, que ademais terán funcións específicas para institutos en horario escolar. O ciclo complétase con O Último Home de Manuel Cortés, As Preciosas Ridículas da compañía Arroz con Costra, Boa Sorte Mala Fama de Tarabela Creativa e A Luz do Día de Serea Teatro.  

 Funcións escolares  

Tamén haberá funcións escolares matinais os venres, para alumnado de infantil, primaria e secundaria, con inscrición a través do portal municipal de educación

Auditorio del Fórum Metropolitano, durante la entrega de diplomas

Noela Bao

Auditorio del Fórum Metropolitano, durante un acto de la policía con escolares

 As entradas estarán dispoñibles en www.ataquilla.com, na billeteira da Praza de Ourense e no Fórum Metropolitano desde unha hora antes de cada función.  

Cine no Fórum Metropolitano 

No ámbito audiovisual, o Fórum reforza o seu papel como espazo de exhibición cinematográfica e reflexión crítica, con programación nas salas Marilyn Monroe e Fernando Rey

  • Do 3 ao 6 de setembro celebrarase o Festival de Cinema Fantástico Lóstrego 2025, con longametraxes, curtametraxes, actividades infantís, coloquios e exposicións.

  • Do 17 ao 20 de setembro terá lugar a VII edición de Os Ollos Abertos, centrado na emigración, o refuxio e os dereitos humanos, con filmes como Bidasoa, Code Inconnu, L’histoire de Souleymane e Non Other Land.

  • O 4 de setembro arranca o ciclo Docs do Mes, co documental Miralles, un arquitecto en diálogo co tempo.

  • Ademais, proxectaranse estreas internacionais en versión orixinal, como Armand (A titoría), Vogter (Condenados), Bon voyage Marie e Hard Truths (A miña verdade).

O Fórum Metropolitano da Coruña consolídase, segundo o Concello da Coruña, como espazo clave da programación cultural municipal, cunha proposta que combina entretemento, reflexión e formación para públicos de todas as idades. A nova tempada enmárcase na aposta do Goberno de Inés Rey pola diversidade cultural, o apoio á creación local e a accesibilidade cultural en todos os equipamentos municipais.   

Toda a información detallada sobre a programación do cinema e das artes escénicas no Fórum Metropolitano durante o segundo semestre de 2025 pode consultarse no portal municipal de cultura: Programación segundo semestre do Fórum Metropolitano. 

Escucha en directo

En Directo COPE A CORUÑA

COPE A CORUÑA

En Directo COPE MÁS A CORUÑA

COPE MÁS A CORUÑA

Programas

Último boletín

05:00 H | 11 SEP 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking