Mariña |
La Xunta adjudica unos 39.000 metros cuadrados de suelo en los parques empresariales de la Mariña
El Consejo de Administración de la sociedad pública Xestur otorgó las parcelas solicitadas en el concurso de venta de suelo empresarial a precio bonificado. Las ventas contaron con una bonificación en el precio de más de 715.000 euros Las parcelas no vendidas seguirán con la bonificación del 50% hasta el 30 de noviembre, a no ser que antes se venda un total de 500.000 metros cuadrados en el conjunto de los parques empresariales de Xestur
Madrid - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O Consello de Administración da empresa pública Xestur vén de adxudicar, no marco do concurso de venda de solo con prezo bonificado, un total de 3.456,51 metros cadrados no parque empresarial de Landrove, no concello de Viveiro. A superficie adxudicada está repartida en tres parcelas, que van dos 1.133,76 aos 1.161,5metros cadrados de superficie individual. Unha vez rematado o concurso, as parcelas restantes poden ser adxudicadas directamente, inda que nas mesmas condicións e prezo establecidos polo prego de bases polo que se rexeu o concurso de venda. No parque empresarial de Landrovequedan dispoñibles 26 parcelas, cunha superficie total de 53.550,62metros cadrados. O prezo de venda, unha vez aplicada a bonificación do 50%, oscila entre 35 e 40 euros por metro cadrado. As bonificacións sobre o prezo de venda serán de aplicación ás adxudicacións realizadas antes do 30 de novembro deste ano e para un máximo de 500.000 metros cadrados de solo vendido no conxunto dos parques empresariais propiedade de Xestur. No parque empresarial de Barreiros adxudicáronse oito parcelas, cunha superficie total de 7.651 metros cadrados. Neste parque quedan dispoñible para venda 19 parcelas, cunha superficie total de 21312metros cadrados e un prezo bonificado de entre 24e 27,50 euros por metro cadrado. A superficie das parcelas oscila entre 560 e 3.710 metros cadrados. Finalmente, en Cervo adxudicouse unha parcela de 24.442,00 m2 e outra en Foz, de 3.308,00 metros cadrados. No primeiro destes parques quedan 19 parcelas dispoñibles (33.663,41 m2), mentres que en Foz hai dúas dispoñibles (6.120 metros cadrados). O prezo total das vendas en Viveiro, Barreiros, Cervo e Foz acada os 715.752,88 euros, o que supón unha bonificación de máis de 715.000 euros por parte da Xunta de Galicia, xa que a bonificación aplicada nestes parques empresariais é do 50%. Novos incentivos No conxunto de Galicia vendéronse neste concurso preto de 200.000 metros cadrados de solo empresarial, con bonificacións no prezo de ata o 50%. Os adxudicatarios comprométense a construír as súas instalacións e obter licenza de actividade nun período de tres anos, polo que a adxudicación de solo suporá unha importante achega á economía da zona. Así, cos resultados da primeira fase de venda prevese un investimento de 105 millóns de euros e a creación de 3.500 empregos directos e indirectos. En total presentáronse ao concurso 68 ofertas por un total de 90 parcelas emprazadas en 20 parques empresariais das catro provincias galegas. Nunha segunda fase, o IGVS sacará a concurso bonificado o solo da súa propiedade en abril, sendo preto de 470.000 metros cadrados, con bonificacións de ata o 50 por cento.