Natación
Un total de 119 nadadores de 8 clubes del norte peninsular van a participar en el I Trofeo Concello de Cervo
La piscina municipal de Lieiro acogerá, desde las once de la mañana de este sábado 11 de abril, el I Trofeo de Natación Concello de Cervo organizado por el CN Porta Miñá en colaboración con el Ayuntamiento Entre los participantes se encuentran deportistas que compiten con la Selección Española

Un total de 119 nadadores de 8 clubes del norte peninsular van a participar en el I Trofeo Concello de Cervo
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
Unha competición que reunirá a 119 nadadores dun total de 8 clubs de Galicia, Asturias e Euskadi. En concreto, acudirán o CN Liceo da Coruña, o CN Xove, AD Náutico de Narón, CN Cedeira, CN Avilés, CN PortaMiñá Lugo e CN Barakaldo. A competición, que está organizada polo CN PortaMiñá de Lugo coa colaboración do Concello, dará comezo ás 11 horas, e incluirá as categorías de infantil, junior e absoluta; mentres a entrega de medallas individuais e o trofeo ao equipo campión está prevista para as 13:30 h. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén, o presidente do Club Natación Porta Miñá Lugo, Fernando Timiraos, e a vicepresidenta, Ángeles Vázquez, deron a coñecer os detalles desta competición e valoraron moi positivamente a súa “forte acollida na primeira edición, o que nos permitirá darlle continuidade e impulsar o trofeo como unha cita deportiva de calidade buscando que se converta nun referente a nivel galego”, tal e como explica Guillén. De feito, cabe destacar o nivel dos nadadores, xa que participarán deportistas da Selección Española. Ao mesmo tempo, Guillén resalta que este evento “tamén será un xerador de actividade, xa que serán 119 nadadores e as súas familias ou acompañantes os que pasarán o día en San Ciprián, de forma que será beneficioso para a economía local”.



