Cervo |

Remodelan el campo de fútbol de A Veiga en San Ciprián

El proyecto ha sido presentado por el alcalde, Alfonso Villares, a los directivos del los clubes deportivos existentes en el municipio. Con esta actuación pretenden “apoyar y fomentar el deporte de base” rebajando costes de mantenimiento de las instalaciones. En la construcción de un nuevo terreno de juego utilizarán materiales de máxima calidad y sistemas de última generación Una de las principales novedades del proyecto es la colocación de hierba artificial y alumbrado suficiente para su utilización nocturna

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O Concello de Cervo deu hoxe a coñecer o proxecto de remodelación do campo de fútbol municipal da Veiga nun acto de presentación ao que acudiron o alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén e outros edís do grupo de goberno, a directiva, adestradores e xogadores do Club Deportivo San Ciprián así como membros da directiva do S.D. Cervo Sargadelos, a S.D. Candelaria e o C.D. San Román. Un proxecto que estará rematado este ano 2014 e que inclúe numerosas medidas de modernización e mellora que suporán unha remodelación, tanto do campo como da instalación deportiva en xeral, co obxectivo de “fomentar e apoiar o deporte de base ofrecendo unhas instalacións óptimas para a práctica do deporte, eficientes e de calidade”, explica Villares. Herba artificial de última xeración O Concello de Cervo pretende acometer unha importante reforma do campo de fútbol situado na Veiga, que inclúe actuacións estruturais, de equipamento e iluminación. Unha das medidas máis importantes é a substitución do céspede natural por un terreo de herba artificial de última xeración e alta calidade. Para iso, a administración local elixiu os sistemas de céspede artificial máis actuais que contemplan a colocación de diversas capas de material, entre outros compoñentes: unha lámina impermeabilizante en polietileno de alta densidade; unha de aglomerado elástico, que á súa vez inclúe tres capas diferentes con tecidos de protección e caucho; e o céspede artificial para a superficie de xogo, de alta resistencia e tratamento anti UV, resistente ao calor e ás variacións climatolóxicas extremas. Máis eficiente O campo contará ademais cun sistema de drenaxe e regado eficiente con moitas vantaxes. Por unha banda, será máis respectuoso co medio ambiente, reducindo considerablemente o consumo de auga; e, pola outra, diminuirá notablemente os custos de mantemento, ademais de garantir de forma permanente un campo en boas condicións. En concreto, a rede de drenaxe evitará que a auga da chuvia se acumule no campo e entorpeza o xogo. Pero ademais a auga será aproveitada e conducida cara un depósito con capacidade para 20.000 litros, que alimentará a rede de regado de maneira que se reutilizará a través dun circuíto pechado. O propio sistema para o regado tamén é eficiente xa que inclúe seis canóns de aspersión de longo alcance e de rotación lenta. Mellores accesos A mellora dos accesos é fundamental neste proxecto, xa que a entrada ao campo realizarase dende a estrada principal, a avenida Bellavista, e non pola parte traseira do campo como se facía ata o de agora. Desta maneira, o campo de fútbol e o pavillón da Veiga disporán dun acceso común, o cal consolidará a idea dun complexo deportivo unificado. Así, o acceso ao campo será máis fácil e cómodo. Deporte, tamén de noite A iluminación tamén será mellorada coa colocación de catro torres de luminarias con 5 proxectores de 2.000 w en cada unha. Unha intensidade necesaria para a práctica de fútbol de noite e que permitirá a actividade deportiva a calquera hora do día. Ao igual que o resto de equipamentos, a iluminación tamén se realizará a través dun sistema eficiente.   Investimento O Concello de Cervo financiará este proxecto con fondos municipais e nel investirá 380.000 euros. Uns cartos que proveñen do remanente de tesourería e que, segundo establece a nova disposición adicional da Lei de Facendas Locais, só se poden destinar a investimentos financeiramente sostibles. Un superávit que é froito dunha boa xestión económica e financeira e da boa saúde das arcas públicas. Outras medidas De forma complementaria tamén se renovarán ou instalarán novos equipamentos, como é o caso das porterías, as redes ou as bandeirolas de córner. O pintado das marcas realizarase tanto para campo de fútbol 8 como de fútbol 11. Moderno e de calidade O campo de fútbol municipal converterase nun terreo de xogo moderno e único na Mariña, cos sistemas máis novidosos en instalacións deste tipo e con materiais da máxima calidade co obxectivo de que o campo “estea sempre en condicións óptimas para o xogo, que permitirá un uso intensivo en calquera circunstancia climatolóxica e en calquera momento do día”, destaca o rexedor. Villares asegura que esta remodelación é “unha forte aposta polo deporte de base e por fomentar o exercicio físico entre a poboación”. Da mesma maneira o campo de fútbol precisa un esforzo de mantemento mínimo e cuns custos moi reducidos, polo que o beneficio é dobre: “un campo que estará sempre en bo estado, e con menos gastos”.    

Visto en ABC

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00 H | 4 SEP 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking