• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Parlamento |

Los socialista reclaman a la Xunta grantías sobre la continuidad de tráfico de pasta de papel de Ence por el puerto de Mirasol

El presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, respondió un apregunta del grupo socilalista sobre las actuaciones desarrolladas por el ente público para promover el mantenimiento de los tráficos de pasta de papel por el puerto ribadense de Mirasol; recordando, una vez más, la existencia de un convenio firmado hasta diciembre del 2019 para el movimiento de 1,5 millones de toneladas de pasta de papel. El diputado socialista, José Ramón Val, advierte que “estarán vigilantes” ante este compromiso de la Xunta con la continuidad de la actividad después del anuncio de la empresa de trasladar su actividade al puerto del Musel, en Gijón.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O presidente de Portos de Galicia respostou á unha pregunta sobre as actuacións desenvolvidas polo ente público para promover o mantemento dos tráficos de pasta de papel da empresa Ence no peirao de Mirasol, no municipio lucense de Ribadeo. A este respecto, José Juan Durán lembrou a existencia dun convenico asinado por Portos de Galicia e Ence con vixencia dende 2011 ata o 31 de decembro de 2019 para o movemento de 1,5 millóns de toneladas de pasta de papel. Explicou, ademáis, que Portos de Galicia comprometeuse a aplicar e aplica unha bonificación do 60% na taxa X-3, de embarque de mercancías e tamén que a mercancía sofre menos manipulación o que mantén inalterable a calidade do producto. Así mesmo reseñou que o servizo e as empresas de estiba está tamén comprometido co mantemento da actividade de Ence e executan permanentes melloras para tal fin. Ademais de relatar todas as medidas xa desenvolvidas, que permiten a Portos de Galicia “confiar no mantemento dos tráficos en Mirasol”, Durán Hermida mostrou o compromiso de Portos coa búsqueda de novas actuacións posibles para garantilos, así como a boa disposición do ente público a avaliar todas aquelas que lle sexan presentadas.   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, reclamoulle á Xunta que “mova ficha” para garantir a continuidade da actividade de Ence Navia no porto de Mirasol, en Ribadeo. Val presentou unha pregunta na Comisión de Pesca logo do anuncio da empresa de trasladar a saída da súa produción de pasta de papel ao porto de Musel, en Xixón, a partires de xuño. O responsable socialista advertiulle hoxe ao goberno galego que “os socialistas galegos permaneceremos vixilantes” para que a Xunta responda do seu compromiso coa continuidade da actividade da empresa neste porto. Val reclamoulle ao goberno galego que garanta que o porto mariñán “se manteña como mínimo ata agora” para rendibilizar o investimento de 1,8 millóns de euros para o dragado da canle de acceso e a ampliación da dársena de amarre. Esta actuación foi asumida pola Xunta con motivo do acordo coa empresa, que se comprometía a mover a través deste porto 1,5 millóns de toneladas de papel. Lembrou que a empresa ten anunciado o traslado tráfico de pasta de papel ao porto asturiano de Musel, malia que Ribadeo posúe “claras vantaxes competitivas”, como é menor manipulación ou menos espera de carga. Esixiulle á Xunta que poña en valor as vantaxes do porto mariñán para antepoñelo aos intereses económicos da empresa en Asturias. Segundo porto O parlamentario socialista instou ao goberno galego a defender a este porto que, grazas ao acordo coa pasteira, actualmente é o segundo porto de titularidade autonómica galega que move un maior volume de mercadorías dun total de 122. Reclamoulle á Xunta que “responda aos transportistas, os estibadores e todos os axentes da Mariña implicados e que agardan as accións da Xunta para garantir a continuidade desta actividade”. Salientou a importancia do tráfico comercial do porto tanto para Ribadeo como para a comarca da Mariña, “unha comarca sacudida fortemente polas cifras do paro e na que tan só o anuncio da posible perda desta actividade ten provocado unha gran alarma social” tanto nos traballadores directos como indirectos que rodean ao porto.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo La Linterna de la Iglesia - COPE.es

La Linterna de la Iglesia - COPE.es

Irene Pozo

Escuchar