Cervo |
El PP "aniquila" las propuestas del PSOE con el fin de no posicionarse en pleno
Los socialistas entienden que el recorte de derechos y libertades es tal que el gobierno del PP “tiene miedo a mostrar públicamente lo que piensan sobre temas sociales, sanitarios o de empleo” incluso modifican mociones con enmiendas. Los socialistas piden que puedan debatir todas las iniciativas “tal y como las han presentado”
Madrid - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
Tralo pleno celebrado na tarde de onte en Cervo, os socialistas lamentan que “o equipo de goberno presente de forma reitarada recurso de emenda de substitución á maioría das mocións presentadas pola oposición co único fin de non debatir os asuntos que preocupan ós veciños e non dar a coñecer a súa postura real sobre temas tan delicados como a reforma da Lei do aborto, a xestión da área integrada do Hospital da Costa, a retirada da tarxeta sanitaria ós españois que permanezan fora máis de noventa días ou a necesidade de solicitar un Plan de Emprego á Xunta de Galicia dado que é a que ten as competencias”. Os membros do PSOE local denuncian a actitude do goberno do Partido Popular, “é algo habitual que aniquilen as propostas que presentamos. O que sucede é que teñen medo de mostrar o que realmente pensan. O recorte de dereitos e liberdades que están a levar a cabo dende o PP é brutal e demoledor para o cidadán”. Nesta mesma liña, reiteran que “atacan de forma constante o estado de benestar e o máis lamentable é que fan realidade as súas intencións co maior cinismo do mundo”. Dende o Grupo Municipal Socialista califican de “práctica antidemocrática esta maneira de actuar. Non se entende cómo xa de costume adoitan emendar as nosas mocións, pois non son emendas de engádega, é dicir, para aportar algo a maiores ou supor unha mellora, sempre son emendas substitutivas para evitar temas que non lles interesa abordar”. Os socialistas néganse a debatir mocións modificadas polo PP, “xa que eles teñen toda capacidade para levar a pleno iniciativas de goberno, pedimos que deixen as nosas propostas tal e como as presentamos para debatilas democráticamente e que os veciños poidan ver claramente cales son as diferentes posturas que se defenden dende os distintos grupos políticos”.



