• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xove | El alcalde, Demetrio Salgueiro, entregó los diplomas a los vecinos que han participado en la escuela de mayores

Los alumnos muestran su diploma

Los alumnos muestran su diploma

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

No Salón de Plenos do Concello de Xove tivo lugar a entrega de diplomas  a cargo do alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira Ana Abad, ás 39 persoas participantes na Escola Municipal de Maiores. O curso tivo unha duración de outubro de 2013 a xuño de 2014. As clases desenvolvéronse nunha aula da Oficina Municipal de Información Xuvenil, sempre en horarios de mañá. Dentro das materias didácticas impartidas, os alumnos/as accederon a coñecementos de matemáticas, xeografía, língua, literatura, historia, etc., cuns niveis adaptados ás posibilidades dos mesmos, e tamén, pero só nalgúns casos, escritura e lectura básicas. Durante este periodo, ademáis das materias didácticas, realizáronse dúas viaxes culturais: a primeira a Cabanas, o 1 de abril do presente ano, visitando o Mosteiro de Cabeiro, a Aula da Natureza das Fragas do Eume, a Igrexa de Cabanas  e a fábrica de licores Meigas Fora; a segunda, o 10 de xuño a Xixón, visitando a Universidade Laboral, o barrio de Cimadevilla, Museo de Jovellanos, etc. O obxectivo primordial da Escola de Maiores é a integración, relación social, comunicación,  mellora da calidade de vida e envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades. Comenza obradoiro de memoria Neste sentido, o vindeiro 2 de xullo de 2014 dará comezo o OBRADOIRO DE MEMORIA dirixido a persoas maiores de 60 anos. Para esta edición anotáronse 32 persoas. Este taller constará de 8 sesións de hora e media cada unha, encamiñadas a  previr o envellecemento cerebral e garantir a autodependencia das persoas participantes. Será impartido pola Educadora Familiar, Angélica Casabella.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo La Linterna de la Iglesia - COPE.es

La Linterna de la Iglesia - COPE.es

Irene Pozo

Escuchar