A XXXVIII Festa da Ostra de Arcade presenta un programa de alto nivel para enxalzar o seu produto máis típico

Soutomaior lanza a edición 2026 da Festa da Ostra, con máis de 30.000 visitantes previstos, prezos populares e ampla programación cultural e gastronómica

Alcalde de Soutomaior, directora xeral e concelleiros da corporacion
00:00

Redacción COPE Pontevedra

Pontevedra - Publicado el

2 min lectura4:04 min escucha

A XXXVIII Festa da Ostra de Arcade celebrarase os días 3, 4 e 5 de abril cun amplo programa para poñer en valor o produto máis emblemático do concello de Soutomaior, con máis de 30.000 visitantes agardados e prezos populares nas casetas. O alcalde, Manu Lourenzo, destaca que se trata dunha “festa de unión” preparada “co maior dos agarimos e coidados” para enxalzar a ostra de Arcade e o albariño da zona, unha maridaxe que será protagonista ao longo de toda a fin de semana.

A pregoeira desta edición será a veciña María Codesido García, elixida polo Concello polo seu esforzo, tenacidade e capacidade de superación, como exemplo de disciplina e perseveranza para toda a veciñanza. Pola súa banda, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez, subliña que a festa supón un “recoñecemento total ao sector do mar” e salientou a relevancia do proxecto “Ostreares” da Confraría de Arcade.

Momento da apertura da ostra

Momento da apertura da ostra

PROGRAMACIÓN DA FESTA DA OSTRA

O programa arrancará o 29 de marzo coa 7K Soutomaior e a Carreira Infantil da Ostra, con inscrición gratuíta. Na madrugada do 1 ao 2 de abril, o programa “Pensando en ti” da Radio Galega emitirá un especial en directo dende o Multiúsos de Arcade. Xa nos días centrais da festa, manteranse os prezos populares: a ducia de ostras a 10 euros e os viños albariños de Soutomaior a 12 euros a botella, ademais da proposta de ostra cociñada coa experiencia OS TRÉS (tartar de ostra, escabeche tradicional e ostra marinada en teriyaki con crema de aguacate e caviar de arenque).

Ao coincidir coa Semana Santa, as casetas abrirán o venres ás 12:00 horas, cun concerto de “Chispas do Lérez” ao mediodía e as orquestras Olympus e Finisterre pola noite. O sábado haberá apertura de casetas, pasarrúas de Imperiais e actuacións de Los Satélites e La Misión, aínda que finalmente se suspende a tirada de fogos por un informe desfavorable de Costas ao estar en zona Rede Natura. O domingo 6 a xornada incluirá pasarrúas da Banda Artística e da Banda Cultural de Arcade, pregón de María Codesido ás 13:00 horas, concerto de “Fernando Sánchez Jazz Quartet” ao mediodía e actuación de “Louoband” pola tarde no Peirao.

Escucha en directo

En Directo COPE PONTEVEDRA

COPE PONTEVEDRA

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

4:00H | 13 MAR 2026 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking