Castelao, protagonista dun cómic en Pontevedra

Castelao regresa a Pontevedra en viñetas nunha obra impulsada pola Deputación de Pontevedra. O ilustrador Miguel Pérez Ramudo publica Castelao en Pontevedra (1916-1936)

Castelao, protagonista dun cómic en Pontevedra

FOTO: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Castelao, protagonista dun cómic en Pontevedra

Redacción COPE Galicia

Galicia - Publicado el

2 min lectura

O ilustrador e guionista Miguel Pérez Ramudo vén de publicar Castelao en Pontevedra (1916-1936), unha nova banda deseñada que percorre vinte anos clave da vida persoal, artística e política de Castelao na capital do Lérez. A obra está editada por Almacén de Fábulas para o Museo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra.

O cómic, de 64 páxinas e en tapa dura, pode adquirirse por 20 euros no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. A publicación preséntase como un diario no que o propio Castelao guía ao lector a través da súa voz interior polos momentos máis relevantes da súa traxectoria entre 1916 e 1936.

Ao longo das páxinas, aparecen tamén figuras fundamentais da cultura galega da época, como Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Antón Losada Diéguez ou Alexandre Bóveda, que axudan a contextualizar o ambiente intelectual e o compromiso dunha xeración coa identidade e o patrimonio de Galicia.

A banda deseñada recolle episodios decisivos da biografía de Castelao, como a Asemblea Nacionalista de Lugo de 1918, a súa viaxe por Francia, Bélxica e Alemaña en 1921, a morte do seu fillo en 1928, a publicación do álbum Nós en 1931, o desterro en Badajoz en 1934 ou os acontecementos de 1936, coa súa elección como deputado pola Fronte Popular, a campaña e aprobación do Estatuto de Galicia e o inicio da Guerra Civil, que o levou ao exilio.

O libro destaca tamén polo seu coidado apartado visual, con viñetas que recrean obras do propio Castelao e incorporan fotografías da súa vida, xunto cun amplo fondo de imaxes de arquivo: paisaxes rurais, rúas e prazas, carteis e escenas da vida cotiá da época.

Miguel Pérez Ramudo, natural de Cambados, conta cunha ampla traxectoria na adaptación a banda deseñada de biografías da cultura galega. En 2020 obtivo o primeiro premio Xuventude Crea na categoría de cómic por Joaquín Vaamonde (1871-1900). Unha promesa truncada da Xeración Doente e é tamén autor de Ricardo Carvalho Calero. Unha biografía en viñetas (Lela Edicións, 2020).

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE PONTEVEDRA

COPE PONTEVEDRA

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

3:00H | 26 ENE 2026 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking