Os xóvenes ourensanos ensalzan mediante formato podcast a figura de Otero Pedrayo

A Xunta e Coren respaldan a terceira edición do Premio de Oratoria en Formato Podcast e entregan os premios ós gañadores nunha edición que triplicou o número de traballos presentados 

Os gañadores da terceira edición do Concurso de Oratoria en Formato Podcast Otero Pedrayo en Trasalba
00:00

Juan Maceiras

Ourense - Publicado el

1 min lectura0:34 min escucha

Os xóvenes ourensanos ensalzan mediante podcast a figura de Ramón Otero Pedrayo. A Fundación Otero Pedrayo e a Asociación de Amigos de Otero Pedrayo entregaron os premios da terceira edición do Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo" na Casa Museo Otero Pedrayo, en Trasalba. 

Un acto que contou coa presencia do Secretario Xeral da Lingua, Valentín García; co director da cooperativa agroalimentaria COREN, Emilio Rial; co presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira; e coa secretaria da Asociación de Amigos de Otero Pedrayo, María José Bravo Bosch.

O primeiro premio foi para Sara Alonso e Martina Rodríguez, alumnas do Colexio Salesianos de Ourense polo seu traballo "A paisaxe galega como símbolo da nosa identidade." O segundo premio recaeu en "Entre letras e lembranzas. Itinerario dun home de Trasalba", traballo de Ana González, estudante da Universidade de Santiago de Compostela, que non puido asistir ao acto e recolleu a galardón a súa nai, María Jesús.

O terceiro e derradeiro premio foi para "Ave Pedrayo", traballo en grupo formado por Lucía Álvarez, Paula del Carmen Díaz, Antía Fernández, Catuxa González, Patricia López, Carla Montero, Joel de Amorín e Milagros Iglesias, das Carmelitas de Ourense.

O secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García, resaltou este premio e animou ós xóvenes a achegarse á figura de Ramón Otero Pedrayo e continuar na senda da Oratoria.

Escucha en directo

En Directo COPE ORENSE

COPE ORENSE

En Directo COPE MÁS ORENSE

COPE MÁS ORENSE

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

03:00 H | 27 NOV 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking