A Agrupación Miño celebra o 15 aniversario nun acto emotivo celebrado nun Liceo de Ourense abarrotado de público
Neste aniversario homenaxeouse os veciños máis solidarios, aos membros da anterior directiva e o presidente, Xosé Ramón Piñeiro, amosou a ilusión por unha etapa de calidade de vida para os veciños do rural e da periferia

As pandereteiras de Loureiro abriron este aniversario
Ourense - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
A Agrupación Miño celebrou o acto de conmemoración do seu 15 aniversario nun Liceo abarrotado de público nun ambiente de emoción e de ilusión.
Trátase dunha agrupación que loita polos intereses dos veciños do rural e da periferia de Ourense. Lembraron os seus inicios cando naceu por inquietude de 3 persoas por sacar adiante temas que preocupaban ós cidadáns do rural e da periferia e, antes de constituirse, xa eran 9 asociacións. Hoxe son 22.
O acto comenzou coa actuación das pandereteiras da Asociación Loureiro que, a día de hoxe, está constituida por máis de 30 amiores e máis de 15 rapaces e teñen tamén un grupo de pequenas de 4 e 5 anos.
Durante o acto, recordouse os logros da Agrupación Miño como uns orzamentos participativos ou un plan de investimentos no ano 2016 en Ourense de ata 22 millóns de euros.
Non faltou unha homenaxe a veciños que axudan cada ano a millorar a situación dos cidadáns do rural e da periferia. Unha elección de cada asociación onde se viviron momentos de moita emoción.
Posteriormente tivo lugar a homenaxe ás persoas que formaron parte da xunta directiva dos últimos 15 anos e que loitaron para conquerir a millor calidade de vida dos cidadáns do rural e da periferia de Ourense como Lorinda Fernández, una referente do movemento vecinal que comezou fai máis de 30 anos no asociacionismo vecinal e foi fundadora e presidenta desta Agrupación Miño. Lorinda recibiu o recoñecemento dos asistentes.
O 15 aniversario coa intervención do presidente, Xosé Ramón Piñeiro, que destacou o traballo do equipo anterior e amosouse esperanzado e ilusionado con esta etapa para que os veciños do rural e da periferia logren unha maior calidade de vida.
O grupo de guitarra da Asociación Loureiro foi o colofón a este acto emotivo e de celebración.



