• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta resalta a importancia da gastronomía e dos valores xacobeos na presentación do evento solidario "Estrelas solidarias no Camiño"

A Xunta resalta a importancia da gastronomía e dos valores xacobeos na presentación do evento solidario “Estrelas solidarias no Camiño”

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:10

Reunirá a cociñeiros que nesta edición suman 69 estrelas Michelin dos cales 8 son galegos

Os beneficios acadados irán destinados á Asociación Compostelán de Esclerose Múltiple

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do proxecto Estrelas Solidarias no Camiño” xunto a Rogelio Rial, promotor do evento, os chefs Manuel Costiña e Pepe Vieira, e a presidenta daAsociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Teresa González. O evento solidario impulsado por Casa Barqueiro de Negreira reunirá a cociñeiros que nesta edición suman 69 estrelas Michelin, dos cales 8 son galegos. Galicia é unha potencia mundial en turismo debido aos recursos tan espectaculares como os que nos aportan as nosas augas e as nosas terras. Gracias a accións como a que estamos a presentar, permítenos facer visibles os valores que máis e mellor definen a Galicia: gastronomía, patrimonio, cultura, Camiño de Santiago e, sobre todo e por encima de todo, solidariedade”, indicou Nava Castro.No marco do acto, Nava Castro destacou a importancia da enogastronomía para o destino Galicia, converténdose este no segundo motivo para a chegada de turistas á nosa comunidade. Salientou tamén a excelencia da oferta na comunidade que cada vez acada maior profesionalización na cociña, a través de ofertas especializadas de formación, como a do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, que afronta agora o reto de seguir transformándose e ofrecendo experiencias adaptadas ás necesidades do novo viaxeiro que valora cada vez máis outros factores como a sustentabilidade, a economía circular ou produto de cercanía.Os beneficios desta acción serán entregados á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, entidade sen ánimo de lucro que ten a finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esta doenzas, así como a dos seus familiares e coidadores. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo Classics presentación

Classics presentación

Con José Luis Garci

Ver TRECE