Xunta de Galicia

A Xunta recoñecerá os proxectos de transferencia tecnolóxica dos centros de FP cos premios de innovación

A Xunta recoñecerá os proxectos de transferencia tecnolóxica dos centros de FP cos premios de innovación

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Portal Educativo vén de publicar a convocatoria destes galardóns, aos que se poderán presentar propostas ata o 19 de febreiro

O obxectivo é potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros, empresas e outras entidades

Establécense dúas modalidades. A primeira refírese á innovación tecnolóxica ou científica, na que as iniciativas deben estar centradas en impulsar a transferencia tecnolóxica entre centros educativos e a contorna produtiva, procurando ter un impacto significativo na futura inserción laboral do alumnado.A segunda modalidade relacionase co ámbito didáctico e nela inclúense proxectos destinados a creación de materiais ou recursos didácticos innovadores para áreas profesionais específicas. Centrados na introdución de novos contidos, tecnoloxías avanzadas e equipamentos nas aulas, promovendo ambientes virtuais de aprendizaxe.A avaliación dos proxectos terá en conta aspectos como a súa orixinalidade, viabilidade, colaboración con institucións educativas ou empresariais, participación activa do alumnado, as oportunidades potenciais de emprego xeradas e a planificación do proxecto. Terá especial relevancia a importancia e impacto nos sectores correspondentes, a mellora do proceso de ensino–aprendizaxe e a capacidade de transferir os resultados obtidos para outros centros de FP.Ademais, valoraranse especialmente aqueles proxectos que sexan susceptibles de ser continuados dende Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros, para dar lugar a proxectos de emprendemento industrial.A solicitude ten que ser presentada por un centro de FP, que actuará como coordinador. En todo caso, e ao tratarse dun proxecto colaborativo, este debe contar con dous participantes como mínimo. Deste xeito, figurarán como socios outros centros de FP, entidades ou empresas a nivel autonómico.O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 19 de febreiro, ambos os dous incluídos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

9:00H | 25 ABR 2026 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking