• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta promove a innovación entre as empresas dos sectores mineiro, enerxético e da construción para facer fronte aos retos actuais

A Xunta promove a innovación entre as empresas dos sectores mineiro, enerxético e da construción para facer fronte aos retos actuais

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 20:10

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron esta mañá nun encontro con axentes dos tres sectores para informar sobre as liñas de apoio da Administración autonómica á I+D+i

Esta xornada pecha o ciclo networkings de presentación do mapa de apoios á I+D+i da Xunta de Galicia, nos que participaron preto de 400 persoas

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2023O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernandez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron esta mañá na xornada O futuro da minaría, a enerxía e a construción sostible a través da innovación, na que se deron a coñecer as liñas de apoio da Xunta de Galicia á I+D+i de interese para estes sectores.Trátase dunha xornada que pecha o ciclo de networkings organizados pola Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, para dar a coñecer o mapa de apoios da Administración autonómica en materia de I+D+i. Desde febreiro lévanse celebrado oito xornadas nas catro provincias galegas en colaboración coas confederacións empresariais; e catro xornadas sectoriais centradas na innovación nos sectores social, agrario, loxística e enxeñaría e minaría, enerxía e construción sostible. Na inauguración do encontro celebrado hoxe, o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, destacou que a innovación ten que axudar a dar resposta aos cambios que precisa o sector extractivo no cal a enerxía xoga un papel fundamental. Nesta liña, salientou que a Axenda de Impulso á Minaría Sostible de Galicia contén un total de 29 iniciativas agrupadas en 9 eixos de actuación, e nas que na gran maioría prevalece o carácter innovador.Entre elas, mencionou as convocatorias de axudas para pemes para renovación e modernización tecnolóxica ou a seguridade industrial a través de tecnoloxías 4.0. O fomento do uso de técnicas de minería modernas e automatizadas. Ou o impulso a actuacións de fomento, promoción, estudo e investigación dos recursos naturais e, en especial, de materias primas críticas, e a posta en valor do potencial mineiro galego. Pola súa banda, a directora da Axencia Galega de Innovación informou na clausura destas xornadas de que o obxectivo é que as pemes e micropemes incorporen a innovación ao seu día a día. Argerey recalcou que “a innovación está ao alcance de todos”, sexa cal sexa o tamaño da empresa, o sector ou a ubicación no territorio, e que estas xornadas serven precisamente para coñecer de primeira man as necesidades dos distintos sectores. Nesta xornada explicáronse as axudas das distintas consellerías da Xunta de Galicia dirixidas a ao sector mineiro, enerxético e da construción sostible e expuxéronse casos de éxito a partir da experiencia de empresas como Prefhorvisa, Pasek Minerals e Zeltener, que interviron neste foro.mapa conxunto de todos os apoios á investigación, o desenvolvemento e a innovación da Xunta de Galicia co obxectivo de facilitar o seu acceso aos axentes do sistema galego de innovación, especialmente ás pemes. Este mapa, resultado do traballo da Comisión Interdepartamental de I+D+i da Xunta e estruturado en base ás prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia, inclúe 38 instrumentos de apoio e prevé mobilizar preto de 400 millóns de euros ao longo de 2023, tanto a través destes instrumentos como dos investimentos en infraestruturas do ecosistema galego de innovación.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar