• Viernes, 17 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta implanta unha solución tecnolóxica para facilitar a monitorización do estado de saúde nas residencias de maiores e de atención a persoas con discapacidade

A Xunta implanta unha solución tecnolóxica para facilitar a monitorización do estado de saúde nas residencias de maiores e de atención a persoas con discapacidade

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 14:47

Os equipos, que permiten recoller a tempo real as constantes vitais, están a ser implantados este ano en 22 residencias

O sistema incorpora automaticamente os datos aos historiais e facilita o traballo dos profesionais

Ademais de mellorar a calidade da atención sanitaria, o sistema aumenta a seguridade dos procesos de control sobre o estado de saúde das persoas residentes

Permite conectar á estación de traballo móbil dispositivos como tensiómetro, pulsioxímetro, báscula ou glucómetro e está preparado para futuras ampliacións

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2023 toma de biomedidas das persoas que viven nas residencias de maiores e de atención a persoas con discapacidade que dependen da Xunta de Galicia será sensiblemente máis doado e eficaz para os profesionais, mediante unha solución tecnolóxica que, este ano, está a ser implantada en 22 centros da Comunidade.O sistema é o resultado da colaboración entre a Consellería de Política Social e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que conta para a súa implantación, soporte e mantemento coa compañía galega Coremain. Esta solución avanzada forma parte da aposta da Xunta por un novo modelo residencial que incorpora as vantaxes da tecnoloxía para a prestación dun servizo máis eficiente e personalizado. As residencias contarán con estacións portátiles, ou “carros de enfermaría” e monitorización de pacientes, coas que os profesionais poden recoller a tempo real as constantes vitais e incorporalas de forma automática no sistema de xestión das residencias. Nesta primeira fase de implantación, as estacións de traballo dispoñen de dispositivos multiparamétricos homologados e con conectividade wi–fi como tensiómetro, pulsioxímetro, báscula e glucómetro, entre outros. Unha das características principais do sistema e a escalabilidade, coa posibilidade de incorporar novos dispositivos, como dermatoscopio ou cámara de fondo de ollo. Destaca tamén pola súa autonomía e facilidade de uso por parte dos profesionais, que dispoñen dun monitor que permite visualizar as biomedidas tomadas por cada dispositivo.Os equipos incorporan unha cámara que pode ser habilitada para facer fotografías ou ler códigos QR e de barras para identificar as persoas residentes. Están preparados, tamén, para poder realizar no futuro teleconsultas. O proceso de implantación deste sistema comezou o pasado mes de xullo na residencia de maiores da Pobra do Caramiñal e, ata finais de ano, será instalado nos centros de atención a persoas con discapacidade da Coruña, de Chapela–Redondela e Sarria; nos complexos residenciais de atención a persoas dependentes Vigo I e Vigo II; e nas residencias de maiores da Milagrosa (Vigo), As Gándaras (Lugo), Carballo, A Estrada, Burela, Campolongo, Caranza–Ferrol, Castro Caldelas, Marín, Oleiros, Santiago de Compostela, Monforte, Nosa Señora dos Miragres (Ourense), Torrente Ballester (A Coruña), Volta do Castro (Santiago) e O Carballiño.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE