• Lunes, 20 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta forma a 40 técnicos e axentes ambientais no seguimento de exemplares de lobo mediante GPS

A Xunta forma a 40 técnicos e axentes ambientais no seguimento de exemplares de lobo mediante GPS

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 03:12

Belén do Campo enmarca esta iniciativa no Plan de xestión do lobo en Galicia, que prevé a realización de programas de seguimento periódico da especie para poder obter datos clave sobre a súa distribución, aspectos poboacionais e tamaño, entre outros

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE A Estrada (Pontevedra), 9 de outubro de 2023Un total de 40 persoas entre técnicos e axentes facultativos medioambientais asistiron hoxe na Estrada á primeira edición da xornada teórico–práctica sobre a metodoloxía de seguimento de lobos mediante dispositivos GPS, organizada pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.Durante a inauguración do curso, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, enmarcou a iniciativa no Plan de xestión do lobo en Galicia, en vigor desde o ano 2009 e no que se prevé a realización de programas de seguimento periódicos da especie para poder obter datos clave sobre a súa distribución e aspectos poboacionais e, na medida do posible, taxas de natalidade e mortalidade e tamaño de grupo, entre outros.Neste sentido, do Campo lembrou tamén que o estudo da poboación do lobo ibérico en Galicia 2014–2020 recolle diferentes propostas metodolóxicas para o seu seguimento na Comunidade, entre elas, a marcaxe de exemplares con colares con GPS. Por ese motivo, o seu departamento decidiu ofrecer ao persoal técnico así como aos axentes medioambientais a posibilidade de formarse neste eido co fin de que poidan participar e implicarse en futuros programas relacionados co lobo. De feito, puxo en valor a colaboración dos axentes ambientais no traballo de campo que permitiu levar a cabo o censo desta especie en Galicia entre 2021 e 2022.A xornada desenvólvese na Academia galega de seguridade pública (Agasp) da Estrada e está impartida por persoal cunha ampla experiencia na aplicación destas metodoloxías, cunha primeira parte de contidos teóricos e unha segunda sesión práctica prevista para esta mesma tarde. Cómpre lembrar que antes do verán xa se celebrou unha xornada formativa dirixida aos axentes ambientais no que atinxe á xestión do lobo, centrada naquela ocasión no seguimento e avaliación de danos e no protocolo de retirada de cadáveres.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar