
A Xunta estabilizará este ano preto de 5.700 postos de traballo
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
A Consellería de Facenda e Administración Pública ten xa en marcha 210 procesos de estabilización no marco da Lei 20/21 de medidas urxentes
Destes procesos, 151 non comportan a realización de ningún tipo de proba pois o sistema de acceso é o de concurso de méritos
Todos garanten os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade
A Xunta estabilizará este ano 2024 preto de 5.700 postos de traballo logo da finalización dos procesos de estabilización que está a realizar a Administración autonómica incluídos na Lei 20/21 de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.No marco da Lei 20/21 a Xunta ten xa en marcha 210 procesos que permitirán estabilizar un total de 5.677 postos de traballo. En 151 destes procesos e 5.030 prazas non se realiza ningún tipo de exame pois o sistema de acceso articúlase a través dun concurso de méritos. A Consellería de Facenda e Administración Pública xa está acometendo a fase de méritos de todos eles.Ademais, en 40 dos 59 procesos de estabilización restantes que si comportan a realización de probas pois o sistema de acceso é o de concurso–oposición, a parte da oposición xa está concluída.Todos estes procesos respectan e garanten os principios constitucionais de acceso á Función Pública: os principios de igualdade, mérito e capacidade.Por outra banda, a Xunta xa executou nos anos 2022 e 2023 un total de 39 procesos de estabilización anteriores á aprobación da Lei 20/21 de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Estes 39 procesos permitiron estabilizar máis de 830 postos de traballo. E a maiores, neste 2024 estase a executar a fase de méritos doutros sete procesos anteriores tamén a esa lei.O conxunto de todos estes procesos selectivos –tanto dos anteriores á Lei 20/21 como dos realizados no marco desa lei– comportan a atribución da condición de persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo a máis de 6.500 persoas entre os anos 2022, 2023 e 2024.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando