• Miércoles, 17 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta entrega á Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas as chaves do local cedido polo Goberno galego para sede desta asociación

A Xunta entrega á Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas as chaves do local cedido polo Goberno galego para sede desta asociación

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 13:10

O espazo cedido conta con máis de 500 m2, distribuídos en dous andares

O acto contou coa presenza do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que estivo acompañado pola presidenta de Fegerec, Francisca Luengo

Con motivo do día mundial das enfermidades raras, a Consellería de Sanidade acollerá o xoves pola tarde unha xornada aberta á cidadanía na que se falará da prevención e abordaxe integral destas patoloxías en Galicia

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE A Coruña, 28 de febreiro de 2024O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, entregou esta semana á presidenta da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec), Francisca Luengo Milara, as chaves do novo local sito na Ronda de Nelle, 24 da Coruña, que o Goberno galego vén de cederlle a esta asociación para a súa futura sede. O espazo cedido é de máis de 500 metros cadrados, sitos en dous andares do inmoble. Á entrega tamén asistiu o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, e a directora de Fegerec, Carmen López Rodríguez, e integrantes da federación. Para levar a cabo esta cesión, a Xunta completou a adscrición ao Sergas deste local, inicialmente titularidade do Instituto Galego de Vivenda e Solo, e a súa afectación patrimonial a dominio público con destino a fins sanitarios.Co inmoble xa no seu poder, o Sergas tramitou a concesión demanial do inmoble a favor de Fegerec, tendo en conta que a actividade que se vai desenvolver neste espazo cedido ten un carácter sociosanitario. A concesión adxudícase de xeito directo, por ser a beneficiaria unha entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública. A concesión será por un prazo de 30 anos.Sinalar, así mesmo, que este xoves pola tarde a Consellería de Sanidade acollerá unha xornada aberta á cidadanía, organizada polo Sergas e Fegerec, con motivo do Día mundial das enfermidades raras, no que se falará da prevención e abordaxe integral destas patoloxías. A xornada, contará con dúas mesas de debate nas que se abordará a Estratexia galega de enfermidades raras, así como as perspectivas futuras na prevención, diagnóstico e manexo clínico e social das mesmas. A xornada pecharase cunha conferencia de Ángel Carracedo, director da Fundación pública galega de medicina xenómica, quen falará do Proxecto IMPaCT Xenómica e os retos de diagnóstico de enfermidades raras. Cómpre remarcar que a Xunta de Galicia aprobou, en xuño do ano 2021, a Estratexia galega de enfermidades raras, un documento estratéxico co obxectivo de establecer un novo modelo asistencial para este tipo de doenzas, garantindo un prazo de diagnóstico máis reducido, menor variabilidade no manexo e unha xestión máis áxil, coordinada e eficaz.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar