• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta concede máis de 60 axudas a 48 concellos para mellorar a imaxe exterior de edificios, equipamentos municipais e outros elementos públicos

A Xunta concede máis de 60 axudas a 48 concellos para mellorar a imaxe exterior de edificios, equipamentos municipais e outros elementos públicos

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 19:55

Enrique de Salvador enmarca o éxito do programa no compromiso municipal co fermosismo e salienta que, por terceiro ano, se esgotaron os fondos da convocatoria

O importe máximo das subvencións outorgadas ascende a 40.000 euros por concello

Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE Curtis (A Coruña), 30 de marzo de 2023A Xunta concederá este ano 63 axudas por un importe global de 1 millón de euros a 48 concellos de toda Galicia para apoialos no financiamento de obras e actuacións que contribúan a mellorar a imaxe exterior de edificios públicos, equipamentos e outros elementos e instalacións de titularidade municipal, reducindo deste xeito o impacto paisaxístico que causan sobre a contorna. Durante unha visita ao Concello de Curtis para comprobar o resultado de dúas intervencións subvencionadas o ano pasado con cargo a este mesmo programa, o director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador, explicou que hoxe mesmo se publicou no Diario Oficial de Galicia a relación de municipios beneficiarios así como o importe concedido en cada caso.Este é o terceiro ano consecutivo no que o IET, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, convoca dúas ordes de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos: unha dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes e a outra, a propietarios particulares.No caso da liña reservada ás entidades locais, Enrique de Salvador salientou o feito de que, unha vez máis, se volveran esgotar os fondos asignados á convocatoria deste ano, 1 millón de euros, e atribuíu o éxito cada vez maior que espertan estas axudas entre os concellos ao seu compromiso co fermosismo e coa aposta polo coidado e a protección da paisaxe en todas as súas formas. A orde de axudas prevía dúas liñas de actuación diferenciadas para emendar posibles impactos paisaxísticos, por un lado, en edificios e equipamentos destinados a servizos públicos; e, por outro, en construcións municipais doutro tipo e bens que integran o patrimonio etnográfico local, en especial, fontes, hórreos, palcos de música e lavadoiros.As axudas cubrirán ata o 70% do custo total estimado das obras, cun límite de 20.000 euros por cada unha das liñas subvencionables. Deste xeito, o importe máximo concedido este ano ascende a 40.000 euros por concello.Así mesmo, as entidades beneficiarias que así o indicaran no momento de presentar a súa solicitude poderán percibir un anticipo de ata o 70% do importe da axuda co fin de facilitar o inicio e a execución das actuacións previstas. Nesta liña, o Concello de Curtis recibiu dúas subvencións ao abeiro da convocatoria de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos de 2022. De feito, o director do IET, acompañado do rexedor municipal, Javier Caínzos, visitou hoxe o lavadoiro de Santaia, localizado nunha zona con varios elementos patrimoniais catalogados e que foi obxecto dunha completa intervención sobre a cuberta, os paramentos laterais, os piares e o propio lavadoiro grazas a unha axuda do IET de 7.276 euros.Así mesmo, tamén se desprazaron ata o edificio de usos múltiples municipal, onde o Concello de Curtis acometeu a renovación do acabamento exterior das fachadas así como a limpeza da cuberta de chapa metálica e a substitución de canles e baixantes, traballos para os que recibiu outra subvención, neste caso por importe de 20.000 euros.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo Classics presentación

Classics presentación

Con José Luis Garci

Ver TRECE