• Lunes, 06 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Rueda anuncia que a Xunta licita a construción ou rehabilitación de 231 vivendas públicas para alugueiro social en sete municipios por preto de 50 M?

Rueda anuncia que a Xunta licita a construción ou rehabilitación de 231 vivendas públicas para alugueiro social en sete municipios por preto de 50 M€

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 19:55

O presidente salienta que todos estes inmobles se van destinar “ao alugueiro social”

En concreto, o Goberno galego autorizou a licitación das obras para a construción de 127 vivendas en San Paio de Navia (Vigo), 74 en Valdecorvos (Pontevedra) e a recuperación de 30 entre Ferrol, Mondoñedo, Ourense, Viveiro e Ribadavia

Estas actuacións enmárcanse no obxectivo da Xunta de “ampliar nun 50%” o parque público residencial “ata chegar ás 5.600 vivendas en 2026”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello deu hoxe o visto e prace á licitación das obras de construción ou de rehabilitación “de 231 vivendas públicas en sete concellos galegos”. O Goberno autonómico vai investir “preto de 50 millóns de euros” nestes inmobles que, tal e como explicou Rueda, “se van destinar a alugueiro social”. En concreto, as actuacións autorizadas polo Consello da Xunta supoñen levantar 127 vivendas de promoción pública (VPP) en Vigo, outras 74 en Pontevedra e a recuperación doutras 30 entre Ferrol, Ourense, Mondoñedo, Viveiro e Ribadavia. Deste xeito, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) poderá adxudicar e iniciar as obras ao longo de 2024 reforzando así o parque público da Xunta na comunidade. As vivendas adxudicaranse en réxime de alugueiro entre as persoas inscritas no Rexistro único de demandantes de vivenda nas correspondentes localidades. As 127 vivendas de Vigo repártense en tres promocións en San Paio de Navia que suman un importe de licitación de máis de 26 millóns de euros. A primeira delas, na parcela M–IVB–25, suporá a construción de 46 vivendas por un importe de licitación de máis de 9,7 millóns de euros. O inmoble contará con 16 vivendas de dous dormitorios, 22 de tres e oito de catro ademais de 99 prazas de garaxe e 46 rochos. A segunda promoción, na parcela M–IVB–21 de San Paio de Navia, permitirá levantar 40 vivendas cun importe de licitación de 8,5 millóns de euros. O inmoble terá 20 vivendas de dous dormitorios, 19 de tres e unha de catro dormitorios. A elas engádense 66 prazas de garaxe e 40 rochos. A terceira de Vigo, na parcela M–IVA–8, suporá a construción de 41 vivendas –20 de dous dormitorios, 20 de tres e unha de catro–, 74 prazas de garaxe e 41 rochos por un importe de licitación de 7,8 millóns de euros. As 74 VPP de Pontevedra construiranse en Valdecorvos por un importe de licitación de máis de 15,6 millóns de euros. O inmoble, de catro bloques e seis andares, inclúe 144 prazas de aparcamento, 74 rochos, cinco locais comerciais e un local comunitario. As 74 vivendas repártense entre 20 de dous dormitorios, 50 de tres e 4 de catro dormitorios. Á licitación destas actuacións engádense outras relacionadas co Programa Rexurbe que permitirán recuperar 30 vivendas nos municipios de Ferrol, Mondoñedo, Ourense, Viveiro e Ribadavia cun investimento de máis de 7 millóns de euros. O concello con máis proxectos neste eido é o de Ferrol, con seis, para a rehabilitación de 13 vivendas para alugueiro social cun orzamento total de máis de 3 millóns de euros. Faranse traballos no número 17 da rúa Benito Vicetto, no 22–24 da rúa Castro, nos números 18, 46 e 59 da rúa Espartero e no número 13 da rúa San Francisco. Mondoñedo conta con catro proxectos para rehabilitar sete vivendas por máis de 1,5 millóns de euros. As actuacións afectarán ao número 24 da praza Muíños de Arriba, aos números 7 e 9 da rúa Guevara, ao número 4 da rúa Peña de Francia e ao número 30 da rúa Febreiro.En Ourense rehabilitaranse cinco vivendas no número 3 da rúa Manuel Sueiro cun orzamento base de licitación de algo máis dun millón de euros, en Viveiro tres vivendas entre o número 22 da rúa Rosalía de Castro e os 15–17 da rúa Fernández Victorio por máis de 720.000 euros e en Ribadavia dúas vivendas no número 3 da praza San Xoán cun orzamento de máis de 460.000 euros. Estas actuacións a cargo do IGVS enmárcanse na Estratexia para a promoción de vivenda pública e o impulso da vivenda protexida aprobada polo Consello o pasado mes de marzo e que, tal e como explicou o presidente, se marca como obxectivo principal “incrementar nun 50% o actual parque público residencial de Galicia ata alcanzar as 5.600 vivendas no ano 2026”. están en licitación ou construción un total de 375 vivendas públicas nas cidades de Vigo, Pontevedra, A Coruña e Santiago cun investimento estimado de máis de 76 millóns de euros e outras 395 atópanse en fase de redacción de proxecto


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar