O Pazo de Meirás xa é público: Núñez Seixas celebra a "vitoria da calidade democrática"

O catedrático da USC Xosé Manuel Núñez Seixas analiza a sentenza do Supremo como un fito para a memoria democrática malia a indemnización aos Franco

Xosé Manuel Núñez Seixas é catedrático de Historia Contemporánea
00:00
COPE. Imaxe Cedida

Entrevista en Cope Galicia  co  historiador Xosé Manuel Núñez Seixas

Patricia Iglesias

Santiago - Publicado el - Actualizado

2 min lectura7:10 min escucha

Polo tempo que estaba a tardar o Tribunal Supremo en facer pública a súa decisión sobre o Pazo de Meirás había quen en petit comité comentaba ..." a ver se ao final, vai haber que devolverllo"... Pero non foi tal e a sentenza feita pública este 12 de marzo foi ademáis, unánime: as Torres son definitivamente, do Estado. O catedrático de Historia Contemporánea da USC, Xosé Manuel Núñez Seixas, asegura nunha entrevista en COPE Galicia que estamos diante dunha  “vitoria da calidade democrática” do país e representa a culminación dos esforzos iniciados en 2017 pola sociedade civil e diversas comisións de expertos.

A indemnización, un mal menor

Aínda que recoñece que a obriga de indemnizar aos herdeiros do ditador é un aspecto que non lle agrada, Núñez Seixas considera que era un “escenario posible” e que a decisión xudicial hai que acatala. Neste sentido, o historiador engade que “non sempre se pode gañar por 4-0, ás veces gáñase 2-1” e sinala que agora a familia Franco deberá xustificar documentalmente os gastos, algo sobre o que se amosa escéptico: “A miña impresión é que, probablemente, non se gardaron demasiadas facturas”.

Non sempre se pode gañar por goleada"

Xosé Manuel Núñez Seixas

Catedrático de Historia Contemporánea na USC

Pazo de Meirás

pazodemeiras.sada.gal

Fachada sur do Pazo de Meirás

Un símbolo do franquismo e de Pardo Bazán

Para o historiador, o pazo é un “símbolo do que era o franquismo” en múltiples dimensións, desde a estética ata a “certa impunidade” coa que actuaron os sectores privilexiados polo réxime: "unha impunidade que facía pensar que non había que render contas perante ninguén, somentes perante de Deus e da historia...Pois non, tamén hai que render contas perante a sociedade civil e as xeracións sucesivas". Con todo, o profesor Núñez Seixas lembra que Meirás é tamén un “lugar de memoria de Emilia Pardo Bazán”, cuxa historia “deberá ser debidamente recuperada e contextualizada” nos futuros usos do espazo.

Un precedente para o futuro

Núñez Seixas subliña que esta sentenza establece un “precedente importante” que alentará á sociedade civil a reclamar noutros casos, como o das posesións do xeneral franquista Queipo de Llano en Sevilla. O obxectivo final, segundo o catedrático, é que as Torres de Meirás se convertan nun “lugar de concordia” onde se celebre a figura da escritora e se defendan os valores democráticos a través dunha “memoria crítica da ditadura”.

É un precedente importante que alentará á sociedade civil a reclamar o que é xusto"

Xosé Manuel Núñez Seixas

Catedrático de Historia Contemporánea na USC

Preguntado sobre a lentitude do proceso para chegarmos ata esta sentenza,  atribúea a un “sistema garantista” ao tratar cunha propiedade teoricamente privada. Aínda que cre que “a lexislación quizais debería dar un paso adiante”, considera que a base legal actual é abonda para avanzar. “O obxectivo principal está realizado”, conclúe Seixas.

Este contenido ha sido creado por el equipo editorial con la asistencia de herramientas de IA.

La Linterna

La Linterna

Con Ángel Expósito

Lunes a viernes de 19:00h a 23:30h

Programas

Último boletín

4:00H | 12 MAR 2026 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking