Xunta de Galicia

O Observatorio Galego da Familia e infancia creará un grupo de traballo para avanzar na implantación da Lei de protección integral aos menores

O Observatorio Galego da Familia e infancia creará un grupo de traballo para avanzar na implantación da Lei de protección integral aos menores

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Este órgano colexiado é o encargado de asesorar, apoiar, analizar, estudar e propoñer actuacións nesta materia

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá na reunión do Observatorio Galego da Familia e infancia, que se celebrou por videoconferencia. Durante a xuntanza se propuxo a creación de dous grupos de traballo, que se conformarán nas seguintes sesións. O primeiro deles será o encargado de avanzar na implantación da Lei de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia. O segundo dos grupos centrarase na saúde mental infanto–xuvenil.Os grupos de traballo estarán formados por membros do Observatorio, entidades e asociacións máis representativas da comunidade autónoma que desenvolvan as súas accións no ámbito da familia e a infancia e organizacións, asociacións e colectivos que representen os seus intereses, así como persoas expertas ou persoal técnico da Administración competentes na materia obxecto do traballo, que serán designados pola Presidencia do Observatorio.Este órgano colexiado é o encargado de asesorar, apoiar, analizar, estudar e propoñer actuacións nesta materia. Así, entre as funcións atópanse promover a elaboración de plans e estratexias de familia, infancia e adolescencia; avaliar o impacto das políticas fiscais, laborais e sociais desenvolvidas polas Administracións; coordinar e harmonizar as actuacións das Administracións nestes ámbitos; ou sensibilizar á cidadanía no coñecemento e respecto dos dereitos da infancia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 21 JUL 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking