• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia pide ao Goberno central unha solución global e uniforme para a frota de cerco do Cantábrico ante a limitación da cota de xurelo para este ano

Galicia pide ao Goberno central unha solución global e uniforme para a frota de cerco do Cantábrico ante a limitación da cota de xurelo para este ano

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 00:20

A Xunta lembra que é o Estado quen ten as competencias sobre o reparto no caladoiro nacional e que debe habilitar medidas para paliar un axuste que afecta tanto á frota galega como á asturiana, a cántabra ou a vasca

A titular de Mar salienta que a comunidade defendeu desde o primeiro momento os intereses do sector afectado polo recorte das posibilidades de pesca aprobado en decembro e que colaborou en todo momento co Executivo central

O Goberno galego constatou cos representantes da frota a necesidade de que España adopte medidas como un posible paro biolóxico para as autonomías do Cantábrico e remitiulle unha proposta unánime sobre as condicións desa parada

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2023 A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicou hoxe no Parlamento que a Xunta está a defender desde o primeiro momento os intereses da frota de cerco ante o recorte das posibilidades de pesca do xurelo no Cantábrico e augas de Gran Sol fixado para este ano no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea celebrado o pasado mes de decembro. Nesta liña, sinalou que Galicia solicita ao Goberno central unha solución global e uniforme para todo o sector do cerco do Cantábrico afectado por esta limitación –á frota galega engádense a asturiana, a cántabra e a vasca– co fin de garantir a súa viabilidade. A titular de Mar lembrou que a cota fixada en Bruxelas para esta especie nos caladoiros ao norte de Fisterra é de 15.000 toneladas, das que apenas 3.200 corresponden a España e condicionadas á pesca accesoria. O feito de non poder realizar pesca dirixida entre Fisterra e o golfo de Biscaia complica en gran medida a actividade dos preto de 150 cerqueiros cos que conta Galicia, engadiu.Ademais sinalou que inmediatamente despois de que se aprobasen as posibilidades de pesca para 2023, a Xunta reuniu ao Consello Galego de Pesca e á súa Comisión sectorial do cerco. Nestes encontros os representantes da Administración galega e da frota constataron a necesidade de que España adopte medidas como unha posible parada biolóxica para todas as frotas do Cantábrico –dado que o axuste nas cotas non só afecta a Galicia senón tamén a Asturias, Cantabria e País Vasco– e a habilitación das correspondentes axudas co obxectivo de que a súa actividade poida ser rendible.De feito, explicou a conselleira, así se lle trasladou ao Executivo estatal –que ten as competencias sobre o reparto no caladoiro nacional– na reunión do 21 de decembro entre a Secretaría Xeral de Pesca do Goberno central e representantes do sector e das comunidades autónomas. Nela Galicia trasladou a súa vontade de colaboración na busca dunha solución satisfactoria para o conxunto da frota. Ademais Rosa Quintana sinalou que desde ese día se mantiveron dúas xuntanzas máis co sector e outra coa Secretaría Xeral de Pesca para avanzar nas condicións da parada. Con este fin, Galicia remitiu unha proposta unánime sobre estas condicións o 24 de xaneiro sen que polo momento exista resposta. A estas xestións de apoio á frota do cerco por parte do Goberno galego súmanse as accións previas ao acordo de Totais Admisibles de Captura (TAC) e cotas para este ano, como o informe socioeconómico do impacto que tería a proposta de TAC cero para esta especie realizada pola Comisión Europea antes das negociacións no Consello de Ministros de Pesca da UE de decembro. Este documento foi remitido pola Xunta ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e á Representación Permanente da Unión Europea (Reper) para que o empregasen na defensa dos intereses da frota galega e española.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar