• Jueves, 09 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia e Mozambique colaboran no reforzo da pesca e da acuicultura no país africano para mellorar a seguridade alimentaria e nutricional

Galicia e Mozambique colaboran no reforzo da pesca e da acuicultura no país africano para mellorar a seguridade alimentaria e nutricional

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 16:35

O proxecto Pe1xan MZ está financiado con fondos de Cooperación Galega e ten como obxectivo contribuír a mellorar as condicións de vida das comunidades de Namaacha


Esta acción está coordinada polo Centro Tecnolóxico do Mar–Fundación Cetmar e ten como socios á Fundación Ayuda en Acción, á Direção Provincial da Agricultura e Pescas e a Ayuda en Acción–Mozambique

Vigo, 17 de xullo de 2022A Xunta de Galicia e o Goberno de Mozambique inician unha nova colaboración para mellorar as condicións de vida e a seguridade alimentaria e nutricional da poboación do distrito de Namaacha, na provincia de Maputo. Fano co proxecto Mellorar os medios de vida e a seguridade alimentaria da poboación mediante o fortalecemento das cadeas de valor da pesca e da acuicultura, que se presentará o vindeiro xoves 21 de xullo en Namaacha, Mozambique. O obxectivo desta nova acción é aumentar as fontes de ingresos e mellorar o acceso a unha alimentación adecuada mediante o fortalecemento do sector pesqueiro e acuícola, reforzando a cadea de valor e mellorando a seguridade alimentaria, con especial atención á mocidade e ás mulleres. Deste xeito, Pe1xan MZ alíñase cos principios do IV Plan Director da Cooperación Galega que define a Mozambique como un país prioritario no que se requiren intervencións en sectores nos que Galicia ten vantaxes comparativas, como a pesca e a acuicultura.O calendario de actuación abrangue un período de tres anos durante os que os técnicos da Fundación Cetmar –coordinadora do proxecto– e da Fundación Ayuda en Acción traballarán en colaboración cos socios locais para reforzar a coordinación entre os diferentes axentes e promover a participación do sector na definición das políticas pesqueiras e acuícolas.Neste sentido, está prevista a creación dunha comisión asesora que se encargará de elaborar unha folla de ruta onde se establezan os obxectivos prioritarios e as liñas estratéxicas de desenvolvemento do sector na provincia. Os socios de Pe1xan teñen previsto deseñar diferentes propostas de mellora das artes de pesca coas que aumentar a produtividade, realizar estudos de mercado e desenvolver metodoloxías que permitan poñer en valor os produtos.Así mesmo, o proxecto prevé diversas actividades formativas dirixidas tanto a membros de asociacións como a pequenas e medianas empresas ou a pescadores e acuicultores particulares. Entre elas atópanse obradoiros de reparación, adecuación ou construción de embarcacións e de estanques acuícolas, técnicas de conservación e transformación de produtos ou métodos de organización e xestión, entre outros.A importancia do consumo de peixe para a alimentación, especialmente para os máis pequenos, é outro dos puntos clave do proxecto e para iso realizaranse actividades de promoción entre os estudantes das localidades de Changalane e Mahelane. Nelas darase conta dos beneficios e o alto valor nutricional dos produtos da pesca e da acuicultura e a súa influencia na seguridade alimentaria e nutricional. Tamén se desenvolverán accións de educación e formación para as familias sobre receitas culinarias. O proxecto prevé chegar a mais de 1.200 beneficiarios directos e cerca de 11.000 indirectos, estes últimos pertencentes á comunidade xeral residente na zona. Para iso, Pe1xan conta cun orzamento de arredor de 480.000 euros, que corre a cargo da Xunta de Galicia a través dos fondos de Cooperación Galega, do Centro Tecnolóxico do Mar–Fundación Cetmar e da Fundación Ayuda en Acción. Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar